Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Interlabs 2026: previsión de inundacións, análise de microplásticos, mecánica de rochas e modelos biomecanísticos

CC
Escrito por
Comunicación CITEEC
Publicado
27/04/2026
Time icon
2 min
|
27/04/2026
Share icon
Compartir
Toc icon

Tabla de contenidos

    O vindeiro xoves 30 de abril ás 12:45 h celebraremos na Sala de Visualización unha nova edición de Interlabs, as xornadas de divulgación científico-técnica nas que investigadores noveis de diferentes grupos e laboratorios presentan brevemente os seus traballos sobre as áreas de investigación de CITEEC.

    Nesta edición, contaremos con Xesús Nogueria Garea como padriño, Catedrático do Departamento de Matemáticas e investigador no Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI), quen dinamizará o evento e moderará as seguintes intervencións:

    • Martín Patricio Montenegro Ambrosi. “Mejora de las previsiones de inundaciones mediante el uso de Inteligencia Artificial”. Doutorando no Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA).
    • Adrián López Rosales. “Desarrollo de protocolos para analizar microplásticos en el medio ambiente”. Doutorando no Grupo de Química Analítica Aplicada (QANAP).
    • Miguel Herbón Penabad. “Aplicación de ensayos triaxiales verdaderos en mecánica de rocas”. Doutorando no Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA).
    • Thomas Gallagher Romero. “De la imagen a la predicción: modelos biomecanísticos en cáncer de mama”. Técnico de Investigación no Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI).

    Estas conferencias promoven o intercambio de coñecemento entre grupos e fomentan o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinarias. Teñen unha duración estimada de 1 hora e o acceso será libre ata completar aforo.

    Grid Grid
    CITEEC
    Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
    Location
    Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
    citeec@udc.es Arrow icon
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.