Dársena Multidireccional en Enxeñaría Portuaria e Canle de Enxeñaría Marítima
Impulsamos a innovación en enxeñaría marítima e portuaria mediante a investigación experimental aplicada a infraestruturas e operacións portuarias.
Enxeñaría de Portos e Costas
A enxeñaría portuaria e marítima caracterízase por involucrar un grande número de variables cuxas relacións son complexas, e, en moitos casos, precísase a súa análise mediante ensaios en modelo físico, así como campañas de campo. As instalacións e instrumentación dispoñibles no laboratorio de enxeñaría marítima e portuaria permitiron o desenvolvemento de dúas liñas fundamentais de traballo, a análise e optimización de estruturas portuarias e a análise da operatividade portuaria.
A enxeñaría portuaria e marítima caracterízase por involucrar un grande número de variables cuxas relacións son complexas, e, en moitos casos, precísase a súa análise mediante ensaios en modelo físico, así como campañas de campo. As instalacións e instrumentación dispoñibles no laboratorio de enxeñaría marítima e portuaria permitiron o desenvolvemento de dúas liñas fundamentais de traballo, a análise e optimización de estruturas portuarias e a análise da operatividade portuaria.
A análise e optimización de estruturas portuarias desenvólvese mediante ensaios en modelo físico no CITTEC nas 4 instalacións dispoñibles e que permiten adecuarse a cada caso concreto. Os parámetros que se estudan e analizan son: a estabilidade dos mantos de protección, as pezas do manto de protección, a estabilidade das transicións nos diques, os fenómenos de interacción onda-infraestrutura, a axitación portuaria e, por último, o comportamento estrutural e hidrodinámico de estruturas singulares.
Os estudos de operatividade portuaria realízanse mediante campañas de campo coa instrumentación existente no laboratorio de Enxeñaría Marítima e Portuaria. O desenvolvemento da ciencia e dos algoritmos de cálculo empeza a permitir o estudo en campo que inclúen todas as variables involucradas. Os estudos céntranse no estudo e medición de pase, así como da operatividade dos buques atracados co obxectivo de poder desenvolver ferramentas, baseadas en machine learning, que sirvan de axuda á toma de decisións na xestión portuaria.
É unha dársena dotada dun sistema multidireccional de xeración cunha fronte de 25m e unha anchura de pa de 0.44m capaz de xerar ondadas de até 20cm e traballar con diferentes calados, e dispón de absorción activa 3D. Ademais, o fondo da dársena pódese adaptar ás necesidades batimétricas de cada proxecto.
É unha canle de ondada que ten unhas dimensións de 70m de longo, 3 m de ancho e 3m de alto con dous sistemas de xeración de ondadas independentes e complementarias.
– Pa de xeración de ondada en Augas Someras (shallow waters) de sección [3×3] m, capaz de xerar ondas de até 0.7m cunha profundidade até 2m.
– Pa de xeración de ondada en Augas Profundas (deep waters) para xerar ondas inferiores a 0.3m cunha profundidade de 2.25m de auga.
Desta maneira, obtense un óptimo rango de traballo na canle, podendo reproducir desde grandes ondadas en augas someras en escalas de traballo próximas á realidade, até fenómenos de ondada presentes en augas profundas evitando posibles efectos de escala.
É unha canle de ondada de 4m de ancho e 33m de longo dotado dun sistema de xeración unidireccional capaz de xerar ondadas de até 30cm e traballar con diferentes calados. Este feito permite unha importante adaptación a diferentes escenarios climáticos a analizar. Ademais, dispón de absorción activa 2D.
- Equipo de adquisición de datos de alta velocidade de 128 canles e 1,2 GS/s.
- Sensores de nivel de auga de 0.7 m de lonxitude, con posibilidade de conexión ao propio sistema xerador, para o rexistro en continuo de variacións de nivel.
- Sensores pezorresistivos para o rexistro en continuo de presión de rangos comprendidos entre 70/140 e 300 mbar. Acondicionados para o sistema de adquisición de datos NI.
- Sensores de nivel de auga para a medida de ondada de 1.3 m de lonxitude.
- Células de carga 1-D para a medida de esforzos en ancoraxes.
- Células de carga de forzas puntuais (Modelo 1250 – Vishay) para medir forzas estáticas e dinámicas nun punto fixo.
- Acelerómetros para o rexistro de movemento de modelos non fixados ao fondo.
- Sistema OPTITRACK para o rexistro de movementos de estruturas flotantes.
- Cámaras de alta resolución.
- IMU´s para el registro de los 6 grados de libertas de estructuras flotantes.
- Distanciómetros láser para a medición de movementos de buques atracados.
- Células de carga 1-D de 50t para a medida de esforzos en ancoraxes.
- Boias de ondada para a medición espectral direccional.
- Sensores de nivel radar para monitorización do nivel do mar e da ondada escalar.
- Perfilador de correntes e medidor de ondada direccional AWAC de Nortek.
- Anemómetros para a medición do vento.
- Cámaras de alta resolución.
- Infraestrutura IoT para a recollida automática de datos de campo.
- Dique de abrigo de Palamós, Gran Tarajal, Praia Santiago e Corralejo (2019, 2020, 2021 e 2022)
- Porto de Khatmat Malaha en Oman (2018)
- Port Fórum en Barcelona e Port D´Aro en Girona (2017 y 2014)
- Porto de Bermeo (2015)
- O contradique do Porto Exterior de Punta Langosteira de 1.3km (2013)
- Observatorio marino do proxecto Peiraos do Solpor (2024)
- Novo balcón gastronómico do Port Olímpic de Barcelona (2023)
- Diques flotantes para os Prortos de Xufre, Baiona e Bozbük Marina (2011 y 2019)
- Dispositivos de enerxía undimotriz (2023)
- Eólicos flotantes (2022)