Close icon
Seleccionar idioma
Imagen de fondo Imagen de fondo

Laboratorio de Visualización Avanzada e Cartografía

Impulsamos a innovación en representación gráfica e cartografía avanzada aplicada ao territorio, as infraestruturas e a construción a través de tecnoloxías de visualización, modelado e análise espacial.

Home icon Home > Laboratorio de Visualización Avanzada e Cartografía
LABORATORIO DE VISUALIZACIÓN AVANZADA E CARTOGRAFÍA

Representación gráfica do territorio

O Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía da Universidade da Coruña, situado na ETS de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos do Campus de Elviña, ademais da Sala de Visualización Avanzada compartida do CITEEC, componse de dous laboratorios: VideaLAB e CartoLAB, que centran as súas actividades no desenvolvemento, a investigación e a innovación no ámbito das tecnoloxías da representación gráfica aplicadas ao territorio, as infraestruturas e a construción, entre outros campos.

video

O Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía da Universidade da Coruña, situado na ETS de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos do Campus de Elviña, ademais da Sala de Visualización Avanzada compartida do CITEEC, componse de dous laboratorios: VideaLAB e CartoLAB, que centran as súas actividades no desenvolvemento, a investigación e a innovación no ámbito das tecnoloxías da representación gráfica aplicadas ao territorio, as infraestruturas e a construción, entre outros campos.

Icon
VideaLAB
O laboratorio
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide

Algúns dos seus proxectos destacados son a Recreación e musealización virtual da Torre da Parada e a súa colección pictórica para o Museo de Belas Artes da Coruña, o modelo xeométrico tridimensional para o estudo do aire da Catedral de Santiago de Compostela dentro do proxecto Desenvolvemento de Modelos Computacionais para o Estudo e Predición da Circulación do Aire no Interior da Catedral de Santiago de Compostela, e o proxecto europeo EDINAF, onde se desenvolveu o deseño da arquitectura do sistema de adestramento en contorna de realidade estendida para o futuro buque de defensa naval europeo.

slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
Icon
CartoLAB
O laboratorio
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide

O CartoLab é o Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, pertencente ao Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía (VAC) da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, dentro do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade da Coruña. O seu traballo baséase fundamentalmente nos Sistemas de Información Xeográfica (SIG) aplicados á Enxeñaría Civil como ferramenta informática para a xestión de información xeoespacial, para conseguir unha planificación e xestión máis eficaz das infraestruturas, os servizos, recursos e os espazos territoriais.

Desenvolve e implementa metodoloxías e aplicacións para a captura, tratamento, análise e representación dos datos xeoespaciais en proxectos públicos e privados.

Algúns dos seus proxectos destacados son Emapic, aplicación web para a visualización e administración de cuestionarios xeolocalizados para ver en mapas calquera coñecemento, opinión ou sentimento coa súa localización xeográfica, o estudo dinámico de mobilidade escolar mediante enquisas xeolocalizadas Geomove, a iniciativa para facilitar a identificación de espazos naturais de interese e vulnerabilidades medioambientais en Honduras Siros, o proxecto de recuperación do río Monelos na Coruña MonRiveR ou os módulos gvSIG-EIEL para axuda nos procesos habituais de proxectos da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais.

Actualmente colabora no proxecto Green Gap (https://green-gap.eu/es/) dentro do Programa POCTEP para o impulso da infraestrutura verde no ámbito local.

slide
slide
slide
slide
slide
CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.