Laboratorios de Aerodinámica de Estruturas
Excelencia, tecnoloxía e innovación á vangarda da enxeñaría do vento para impulsar solucións estruturais máis seguras, eficientes e competitivas ante os desafíos do futuro.
Aerodinámica experimental
O estudo desta materia está dirixido polo Grupo de Mecánica de Estruturas (GME), céntrase na interacción vento-estrutura (edificios, pontes, aeronaves, elementos singulares ou desenvolvementos urbanos) e comprende tanto o ensaio experimental como a análise numérica avanzada, o que permite abordar os problemas desde unha perspectiva integral.
O CITEEC dispón de dous laboratorios nos que se desenvolven ensaios experimentais de diferentes modelos, tanto reducidos como a escala real en virtude das dimensións de traballo. O TUVA trátase dun túnel de vento de fluxo laminar, mentres que o TUCLA consiste nun túnel de vento de capa límite.
O estudo desta materia está dirixido polo Grupo de Mecánica de Estruturas (GME), céntrase na interacción vento-estrutura (edificios, pontes, aeronaves, elementos singulares ou desenvolvementos urbanos) e comprende tanto o ensaio experimental como a análise numérica avanzada, o que permite abordar os problemas desde unha perspectiva integral.
O CITEEC dispón de dous laboratorios nos que se desenvolven ensaios experimentais de diferentes modelos, tanto reducidos como a escala real en virtude das dimensións de traballo. O TUVA trátase dun túnel de vento de fluxo laminar, mentres que o TUCLA consiste nun túnel de vento de capa límite.
- Configuración de circuito pechado.
- Planta impulsora conformada por 9 ventiladores con pas de 100 cm de diámetro e motores de 11 kW.
- Velocidade máxima na sección crítica da cámara de ensaios U≈25 m/s.
- Réxime de fluxo laminar con baixa turbulencia (Iu < 0.5%) e fluxo turbulento con perfil de vento.
- Cámara de ensaios:
- Sección: 3 m (ancho) × 2 m (alto).
- Lonxitude: 22 m, precámara de 18 m.
- Sistemas de posicionamento:
- Eixo seccional motorizado de 3 m de lonxitude.
- Mesa xiratoria motorizada de 8 m de diámetro.
- Sistema robotizado de 6 GDL (*En desenvolvemento).
- Visualización directa dos ensaios a través de paredes laterais transparentes.
- Visualización dixital dos ensaios mediante equipos de gravación en tempo real.
- Ampla variedade de obstáculos e elementos de rugosidade (barreras, espiras, mallas e tacos) para a xeración de turbulencia y adecuación do perfil de vento incidente.
-
- Configuración de circuito aberto.
- Planta impulsora conformada por un ventilador con pas de 150 cm de diámetro e motor de 60 CV.
- Velocidade máxima na sección crítica da cámara de ensaios U≈32 m/s.
- Réxime de fluxo laminar con baixa turbulencia (Iu < 0.2%) e fluxo turbulento.
- Cámara de ensaios:
- Sección: 1 m (ancho) × 1 m (alto).
- Lonxitude: 3 m.
- Sistemas de posicionamento:
- Eixo seccional graduado (±20°).
- Sistema neumático-magnético de 3 GDL.
- Visualización directa dos ensaios a través de paredes laterais transparentes.
- Servizo de asistencia auxiliar nos proxectos.
- Soporte complementario de proveedores locais.
- Fabricación propia de modelos e prototipado rápido.
- Competencias en diferentes áreas da mecánica, electrónica e electricidade:
- Soldadura.
- Deseño CAD.
- Mecanizado convencional e CNC.
- Fabricación aditiva mediante impresión 3D.
- Adaptación de instrumentación.
- Produción de circuitos impresos.
- Fabricación de cableado e conectores.
- Mantemento do equipamiento de laboratorio.
- Estudo da interacción fluido-estructura no ámbito civil, industrial o aeronáutico, entre outros.
- Análise de fenómenos aeroelásticos estáticos e dinámicos (diverxencia torsional, bataneo, galope, flameo, desprendemiento de remuíños ou vibracións inducidas por vórtices) en pontes de gran van e estruturas singulares.
- Adopción de tipoloxías de ensaio mediante configuracións de vibración libre e vibración forzada, con 3 GDL.
- Integración de modelos numéricos compatibles cunha metodoloxía híbrida (experimental-computacional) orientada á avaliación integral do modelo estrutural.
- Revisión de conxuntos urbanos, zonas residenciais ou desenvolvementos arquitectónicos complexos.
- Determinación experimental de parámetros adimensionais como coeficientes aerodinámicos e funcións de flameo, xunto con outras magnitudes de interese.
- Validación experimental de modelos numéricos aplicados a estruturas complexas.
- Desenvolvemento de técnicas avanzadas de visualización do movemento estrutural en tempo real.
- Soporte para proxectos de investigación e transferencia tecnolóxica en enxeñaría.
- Xeración de condicións de fluxo en réxime laminar e turbulento.
- Reprodución precisa do perfil de vento da capa límite atmosférica.
- Cobertura de diferentes ángulos de incidencia do fluxo.
- Adaptabilidade a ensaios estáticos e dinámicos.
- Posibilidade de ensaio de modelos ríxidos e flexibles.
- Versatilidade para a aplicación de modelos reducidos ou a escala real.
- Disponibilidade de traballo con modelos seccionales y modelos completos.
- Control avanzado mediante SCADA personalizado, con xestión manual ou automática.
- Integración de sistemas de adquisición de datos universais de alta precisión, resolución e frecuencia de mostraxe.
- Flexibilidade na incorporación de instrumentación dedicada.
- Determinación de forzas aerodinámicas, mapeo de presións superficiais e cuantificación de vibracións e desprazamentos, ademais de outras magnitudes relevantes.
- Monitorización en tempo real tanto de parámetros, etapas de ensaio e variables de interese.
- Reprodución e repetibilidade das condicións de fluxo nunha contorna controlada.
- Caracterización de vento atmosférico.
- Estudos de seguridade e confort peatonal.
- Exame de dispositivos de control de fluxo.
- Investigación en mitigación de vibracións inducidas.
- Desenvolvemento de metodoloxías experimentais avanzadas.
- Simulación mediante dinámica de fluídos computacional (CFD).
- Captación e aproveitamento enerxético en contornas urbanas (energy harvesting).
- Sensores capacitivos, pezoeléctricos ou pezorresistivos para a cuantificación de aceleracións en diferentes condicións.
- Dispositivo de filmación para o rexistro de eventos transitorios e fenómenos vibratorios de alta frecuencia.
- Transductores con amplificación interna para a determinación de forzas unidireccionais.
- Transductores baseados en pontes de galgas extensiométricas para a medición de forzas e momentos (6-compoñentes) en múltiples eixos.
- Sistema integrado por barómetro e higrómetro-termómetro para a monitorización das condicións ambientais.
- Sensores de triangulación láser para o cálculo de desprazamentos e vibracións.
- Tubos de Pitot en “L” para a identificación unidimensional do fluxo.
- Sonda multiburaco (4-hole) para a caracterización tridimensional do fluxo.
- Escáner de presións compacto para a avaliación secuencial de múltiples tomas de presión diferencial.
- Estudos de pontes colgantes e atirantados, pasarelas e viadutos.
- Análise de estruturas aeronáuticas como UAVs ou perfís alares.
- Ensaios de construccións e outros elementos de grande altura.
- Revisión de contornas urbanas e planificación de novas áreas.
- Avaliación de estruturas singulares (paneis solares, aeroxeradores…).
- Validación experimental de modelos numéricos.