Laboratorio de Instrumentación e Sistemas Intelixentes en Enxeñaría Civil
Impulsamos a innovación en enxeñaría civil mediante o desenvolvemento de sistemas intelixentes para a monitorización, a análise e a optimización de infraestruturas e sistemas complexos.
Apoio electrónico
O Laboratorio de Instrumentación e Sistemas Intelixentes desenvolve solucións avanzadas baseadas na intelixencia artificial, enxeñaría de datos e Internet of Things (IoT) orientadas á monitorización, análise e optimización de sistemas complexos. Aínda que o laboratorio está especializado en aplicacións en enxeñaría civil —incluíndo infraestruturas, portos, recursos hídricos, medio ambiente e sistemas urbanos— a súa actividade é transversal e aborda tamén retos noutros sectores industriais, enerxéticos e medioambientais.
O Laboratorio de Instrumentación e Sistemas Intelixentes desenvolve solucións avanzadas baseadas na intelixencia artificial, enxeñaría de datos e Internet of Things (IoT) orientadas á monitorización, análise e optimización de sistemas complexos. Aínda que o laboratorio está especializado en aplicacións en enxeñaría civil —incluíndo infraestruturas, portos, recursos hídricos, medio ambiente e sistemas urbanos— a súa actividade é transversal e aborda tamén retos noutros sectores industriais, enerxéticos e medioambientais.
Modelado avanzado e intelixencia artificial
Deseño, adestramento e validación de modelos de machine learning e deep learning para a predición, detección temperá, optimización operativa e axuda á decisión.
Aplicacións habituais: xestión de infraestruturas, predición de fenómenos extremos, monitorización estrutural, análise ambiental, comportamento dinámico de sistemas físicos e análises de datos operativos en contornas críticas.
Desenvolvemento e despregamento de sistemas IoT
Deseño de hardware e sistemas embebidos, integración de sensores e comunicacións, e despregamento de redes IoT en contornas reais.
Desde prototipos e probas piloto até redes operativas de monitorización en campo, incluíndo contornas costeiras, urbanas, industriais e naturais.
Arquitectura de redes e comunicacións
Deseño, configuración e operación de redes IoT e LPWAN (p. ex., LoRaWAN), desde a sensorización até a inxesta de datos en sistemas de análise avanzada.
Abórdanse aspectos como cobertura, seguridade, fiabilidade, mantemento remoto e escalabilidade.
Desenvolvemento de software científico e plataformas de datos
Creación de ferramentas para adquisición, xestión e explotación de datos, integrando análise en tempo real, visualización avanzada e sistemas de apoio á decisión.
Inclúe servizos web, APIs, paneis de control, pipelines de datos e integración con ecosistemas de investigación e infraestruturas institucionais.
Mantemento de infraestrutura dixital e servizos analíticos
Operación de servidores, bases de datos e servizos dixitais para garantir acceso robusto e seguro a datos de instrumentación, modelos e aplicacións.
Aseguramos a continuidade operativa de plataformas utilizadas tanto en proxectos científicos como en aplicacións industriais.
Transferencia tecnolóxica e validación en contorna real
Participación en proxectos de colaboración con administracións públicas, empresas tecnolóxicas, organismos portuarios e entidades do sector hídrico, enerxético e ambiental.
O laboratorio actúa como ponte entre a investigación aplicada e o despregamento operativo, achegando capacidade técnica, rigor científico e experiencia en transferencia á contorna produtiva.
- Estacións de traballo de alto rendemento con GPUs NVIDIA para adestramento de modelos de deep learning
- Servidores de almacenamento (NAS) para a xestión segura de grandes volumes de datos
- Servidores adicados para a execución e o despregamento de aplicacións, APIs e plataformas web
- Impresoras 3D para prototipado rápido de compoñentes e soporte a proxectos hardware/IoT
- Infraestrutura de comunicacións e gateways para redes IoT e LPWAN (p. ex., LoRaWAN)
- Equipamento de sensorización, adquisición de datos e probas en campo
O laboratorio ofrece capacidades especializadas ao longo de todo o ciclo de desenvolvemento de solucións intelixentes e sistemas dixitais:
Intelixencia Artificial e Datos
- Deseño e adestramento de modelos de machine learning e deep learning
- Procesamento e análise avanzada de datos de sensores, series temporais e imaxes
- Desenvolvemento de ferramentas predictivas e sistemas de axuda á decisión
Sistemas IoT e sensorización
- Deseño e prototipado de dispositivos IoT e electrónica integrada
- Configuración e despregamento de redes de comunicacións (incluíndo LPWAN/LoRaWAN)
- Monitorización remota, calibración e mantemento de sistemas instalados en campo
Software e infraestrutura dixital
- Desenvolvemento de aplicacións científicas, industriais e web
- Implementación de servidores, APIs e sistemas de xestión de datos
- Dashboards operativos e visualización avanzada en tempo real
Integración e transferencia
- Validación de tecnoloxías en contornas reais (laboratorio e campo)
- Colaboración con administracións públicas, empresas e institucións científicas
- Apoio a proxectos de innovación aplicada e transferencia de resultados
Este conxunto de capacidades permite abordar proxectos completos, desde a concepción tecnolóxica até o despregamento operativo e mantemento, integrando hardware, software, datos e intelixencia artificial.