Close icon
Seleccionar idioma
Imagen de fondo Imagen de fondo

Laboratorio de Construción

Impulsamos a innovación na construción e a enxeñaría civil mediante ensaios estruturais de alta precisión e caracterización avanzada de materiais.

Home icon Home > Laboratorio de Construción
LABORATORIO DE CONSTRUCIÓN

Ensaios de resistencia estrutural

Este laboratorio está destinado a ensaios de caracterización de materiais e elementos estructurais a escala real, que requiren a aplicación de altas cargas mediante actuadores oleohidráulicos. Para absorber as forzas xeradas, empréganse estruturas altamente resistentes e indeformables: unha laxa de carga e un muro de reacción. Estes elementos permiten aplicar diversas hipóteses de carga e medir con precisión movimentos e deformacións.

video
Play icon

Este laboratorio está destinado a ensaios de caracterización de materiais e elementos estructurais a escala real, que requiren a aplicación de altas cargas mediante actuadores oleohidráulicos. Para absorber as forzas xeradas, empréganse estruturas altamente resistentes e indeformables: unha laxa de carga e un muro de reacción. Estes elementos permiten aplicar diversas hipóteses de carga e medir con precisión movimentos e deformacións.

Icon
O laboratorio
Liñas de investigación
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide
  • Ensaios estructurais a escala real
  • Validación de estruturas non contempladas por normativa
  • Estruturas de formigón reforzado con polímeros
    • Reforzos internos e reforzos externos
  • Ensaios normativos de precisión moi alta
  • Verificación de calibracións de forza superiores a 3 MN
  • Adherencia entre formigóns e aceiro activo e pasivo
  • Formigóns con áridos reciclados e formigóns especiais (UHPC, LWC, SCC, etc.)
  • Aplicación de técnicas de intelixencia artificial á construción
  • Formigón con expansión por reacción álcali-árido
  • Formigoneira de distintos tamaños: desde pequenas amasadoras para morteiros até formigoneiras de gran capacidade (250 L)
  • Central oleohidráulica: Fonte de enerxía hidráulica (600 lpm a 210 bares) que alimenta todo o equipamento de carga mediante unha rede de distribución de alta capacidade
  • Sistema de adquisición de datos:
    • Módulos universais até 64 canais
    • Módulos de galgas até 32 canais
    • Módulos de sensores de fibra óptica até 128 canais
    • DIC até 4 cámaras monocromáticas e 2 cámaras de alta velocidade
    • Sensores patrón con calibración ENAC de referencia
  • Actuadores hidráulicos: distintos tipos de actuadores hidráulicos, capacidade de traballo desde 5 kN até 2600 kN con distintos percorridos e con capacidade para traballar tanto en ensaios estáticos como dinámicos
  • Máquinas universais de ensaios: capacidade para traballar con e sen mordazas, desde pequenas a grandes cargas, con altas capacidades dinámicas
  • Sistemas de transporte e carga: Inclúen polipastos, carretillas, transpaletas e dúas pontes guindastre de 100 kN, útiles para o manexo de equipos pesados
  • Ensaios a escala real de estruturas complexas: Probas de vigas de até 20 m de lonxitude e soportes de até 6 m de altura baixo condicións reais

  • Aplicación de cargas extremas: Equipos capaces de aplicar até 15,000 kN en compresión e 10,000 kN en tracción

  • Ensaios triaxiais: máquina para ensaios uniaxiais e triaxiais sobre probeta cilíndrica con variación de confinamento entre 0 e 80 MPa e temperaturas entre 0º e 200º
  • Simultaneidade en ensaios: Posibilidade de realizar múltiples probas de forma paralela, estáticas ou dinámicas, grazas ao sistema hidráulico distribuído

  • Control climático para ensaios: Cámaras capaces de simular condicións ambientais extremas de temperatura e humidade

  • Condicións de laboratorio únicas en España: Infraestrutura e capacidade similar a centros de referencia internacional

  • Alta precisión na medición de deformacións: Tecnoloxía avanzada para detectar desprazamentos e cambios estruturais en 2D e 3D

slide
slide
slide
slide
slide
Icon
Infraestrutura
Laxa de carga e muro de reacción
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide

A laxa de carga e o muro de reacción son estruturas cunhas medidas de 15 x 24 m² e 10 x 8 m², respectivamente. Ambas están formadas por un caixón bicelular de gran rixidez (4.0 m de canto), dotado de perforacións de ancoraxe para a aplicación de cargas de até 800 kN por trade.

Tanto a laxa como o muro teñen acceso ao interior do caixón para facilitar o seu uso. A laxa posúe un foso de 4 x 4 m2 deseñado para aloxar a prensa de altísima capacidade para o ensaio de elementos verticais.

Impresora 3D de formigón SMART BE MORE 3D, equipada cun sistema de alimentación continua, unha bomba de carga automática, un extrusor e boquillas de distintos tamaños, capaz de imprimir elementos de até 2 × 2 × 1 m.

Máquina de gran capacidade até 15,000 kN (aprox. 1,500 t) en compresión e 10,000 kN (aprox. 1,000 t) en tracción.

Dispón de dous actuadores para carga axial e lateral e para cargas con grandes deformacións (de máis de 1 m). É capaz de realizar ensaios de soportes de até 6 m de altura a escala real, de vigas de até 20 m e de aparellos de apoio de gran capacidade. Esta máquina atópase no grupo das prensas de maior capacidade de carga a nivel mundial, existindo actualmente ao redor dunhas 20-25 prensas do mesmo tipo (esta en particular foi o núm. 7 en ser fabricada).

A máquina dispón, ademais, de mordazas de tracción para cargas de até 5,000 kN (unhas 500 t).

O custo de investimento para a adquisición desta prensa superou no seu momento os 2 millóns de €.

De uso compartido co Laboratorio de Mecánica de Rochas, conta con 4,500 kN (unhas 450 t) de capacidade de carga, a cal incorpora a máis avanzada tecnoloxía de detección de dano estrutural e de comportamento triaxial en medios saturados ou semisaturados a través dunha campá de confinamento de até 80 MPa de presión interna e até 200 ºC de temperatura (con toda a instrumentación in-vessel), xunto con múltiples sistemas auxiliares para a adquisición e o procesamento de datos.

Máquina singular a nivel europeo, existindo moi poucas con estas capacidades.

  • Pórticos metálicos altamente configurables para a realización de ensaios sobre laxa e muro de reacción. Formados por até 4 alicerces de gran rixidez que van ancorados á laxa a través dos puntos de ancoraxe desta (situados cada 0.8 m en ambas as direccións). As distancias entre eixos de alicerces son de 4.8 m nunha dirección e de 6.4 m na outra.
  • Estrutura metálica autoportante sobre mesa ranurada moi versátil para ensaios de dimensións pequenas e medianas con cargas de até 700 kN.
Ver más
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
Icon
Instrumentación
Transductores multipropósito
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide

Equipos para medir posición, forza, presión e temperatura nunha ampla gama de condicións.

Dispositivos manuais e electrónicos para a medición precisa de deformacións en materiais.

Tecnoloxía para a detección de microdeformacións mediante sensores distribuídos.

Ferramenta para rexistrar movementos en 2D e 3D mediante imaxes de alta resolución para ensaios estáticos e dinámicos (cámaras de alta velocidade).

Inclúen modelos dinámicos de 500 kN e 250 kN, e un pseudodinámico de 2,700 kN, todos con control de carga e desprazamento.

Prensa dinámica de 1,000 kN Instron 8805 con mandíbulas MTS de 1,000 kN e prensa universal Instron 8502 (300 kN estático, 250 kN dinámico).

Permite ensaios entre -10 °C e 60 °C e un amplo rango de humidades, ideal para estudar o comportamento de materiais en condicións ambientais controladas.

Equipos para preparar probetas, fabricar encofrados e instalar sensores.

Ver más
slide
slide
slide
CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.