Comisión asesora externa (SIAB)
Órgano consultivo do CITEEC que achega unha visión independente e experta sobre a actividade científica e estratéxica do centro.
SIAB: Asesoramiento Científico e Innovador
A Comisión Asesora Externa ou SIAB (Scientific and Innovation Advisory Board, polas súas siglas en inglés) é o órgano asesor e está constituída, polo menos, por cinco investigadores/as e/ou técnicos externos/as á UDC de recoñecido prestixio internacional con ampla experiencia científica e/ou técnica e na dirección de proxectos de investigación, innovación ou transferencia tecnolóxica nas áreas de actuación do CITEEC.
Os membros da Comisión Asesora Externa son designados polo reitor/a ou vicerreitor/a coas competencias en Investigación, a proposta do Consello Reitor, por un período de catro anos que pode ser renovable.

Responsabilidades da SIAB
A Comisión Asesora Externa (SIAB) colabora co CITEEC achegando unha visión experta e independente. O seu papel é guiar, avaliar e propor melloras nas actividades de investigación, innovación e transferencia, contribuíndo deste xeito a que o centro manteña os máis altos estándares de calidade e relevancia científica.
Orientación científica
Asesorar a la Dirección y al Consejo Rector sobre la definición temática y la orientación de la investigación que se desarrolla en el centro, así como sobre cualquier otro aspecto que se considere oportuno.
Seguimento
Asistir á Dirección e ao Consello Reitor sobre o seguimento da evolución da investigación e do centro e da transferencia dos resultados da investigación.
Asistencia científica
Avaliar periodicamente a actividade científica dos investigadores/as vinculados/as ao centro, e emitir os correspondentes informes de valoración.
Novas incorporacións
Informar sobre o interese da vinculación de novos/as investigadores/as titulares e/ou asociados/ao centro.
Realización de informes
Realizar cantos informes e propostas xúlguense oportunos no relativo á política científica do centro.
Avaliación da actividade
Avaliar anualmente as memorias das actividades do centro e avaliar globalmente cada catro anos a actividade do centro.
Integrantes
A continuación preséntanse os membros da Comisión Asesora Externa (SIAB), profesionais de referencia internacional que achegan a súa experiencia e visión estratéxica ao CITEEC.