Laboratorio de Movilidade Sostible
Impulsamos a innovación en mobilidade sostible mediante modelización avanzada, análise de datos e planificación eficiente do transporte urbano e interurbano.
Mobilidade eficiente e sostible
O Laboratorio de Mobilidade Sostible (SusMobLab), creado en colaboración co Concello da Coruña, está orientado ao desenvolvemento e a aplicación de ferramentas científicas e técnicas para a consecución dun funcionamento máis sostible e eficiente da mobilidade. O seu obxectivo final é expor actuacións e dispor da capacidade de analizar os seus efectos sobre a mobilidade, desenvolvendo modelos que permitan prognosticar a evolución futura da mesma, e avaliando cuantitativamente o funcionamento do sistema en diferentes situacións alternativas. Para iso utilízanse ferramentas específicas de modelización do transporte (como Aimsun e TransCAD) así como desenvolvementos propios.
En SusMobLab manéxase unha grande cantidade de información xeorreferenciada (oferta e demanda de transporte público urbano e interurbano, mobilidade, sensores de tráfico, semáforos, demanda ciclista, meteoroloxía, rexistros GPS de posición de autobuses na rede, información socioeconómica con alta desagregación, usos de solo, etc.), e aplícanse técnicas estadísticas e de big data para o tratamento da mesma.

- Estudo e mellora de operacións de sistemas de transporte público
- Análise de demanda do transporte
- Modelización macroscópica, mesoscópica e microscópica de sistemas de transporte.
- Análise de melloras en corredores de transporte público
- Actuacións para a consecución dunha mobilidade sostible
- Novos desenvolvementos para a estimación de viaxes orixe‐destino en base a datos de cancelacións múltiples de cartóns intelixentes de transporte
- Análise de demoras de sistemas de autobús mediante tratamento de datos rexistrados por equipos GPS embarcados
- Análise de captación de viaxeiros por parte das paradas de transporte público en función dos servizos e as características da súa contorna
- Análise da influencia do COVID na mobilidade e a súa sustentabilidade
- Distribución urbana de mercadorías
- Análise de mobilidade peonil