Laboratorio de Métodos Numéricos en Enxeñaría
Impulsamos a innovación en enxeñaría civil mediante a simulación numérica e a análise computacional de problemas complexos.
Simulación computacional
Este laboratorio ten un carácter transversal porque permite a simulación computacional de problemas e fenómenos físicos, mecánicos, de dinámica de fluídos, etc. En particular, é de especial utilidade en todos aqueles problemas de gran dimensión e complexidade dentro da área da enxeñaría civil e outras áreas afíns.
Este laboratorio ten un carácter transversal porque permite a simulación computacional de problemas e fenómenos físicos, mecánicos, de dinámica de fluídos, etc. En particular, é de especial utilidade en todos aqueles problemas de gran dimensión e complexidade dentro da área da enxeñaría civil e outras áreas afíns.
- Mecánica de Fluidos Computacional (CFD): Desenvolvemento de métodos de alta orde. Desenvolvemento de métodos sen malla de alta precisión. Desenvolvemento de métodos numéricos para cálculo de iLES. Machine Learning en CFD. Aeroacústica Computacional.
- Modelización de crecemento de tumores e a súa resposta a tratamento. Predicións tumorais personalizadas obtidas mediante simulacións informadas por datos clínicos e de imaxe médica. Xemelgos dixitais en oncoloxía. Desenvolvemento de técnicas de aprendizaxe mecanicista para a aceleración de predicións tumorais e a integración de datos multiescala e multimodais. Modelos e métodos computacionais noutros campos de medicamento predictiva.
- Modelización e simulación de sistemas de almacenamento xeológico de hidróxeno en cavernas salinas. Formacións estratificadas e domos salinos. Fenómenos térmicos, de fluencia e de poroelasticidade entre outros. Optimización da xestión e operatividade deste tipo de instalacións como sistemas masivos de almacenamento enerxético.
- Análise estática e dinámica, deseño e optimización de estruturas. Análise de sensibilidade de alta orde para deseño óptimo en enxeñaría.
- Simulación numérica de tomas de terra como sistemas de protección en subestacións eléctricas soterradas, mediante unha formulación baseada no método de elementos de contorno.
- Mecánica computacional. Desenvolvemento e implementación de métodos numéricos para problemas en enxeñaría. Desenvolvemento de códigos de altas prestacións para a simulación de procesos relacionados coa mecánica computacional. Análise isoxeométrico.
- Deseño óptimo de estruturas de soporte para instalacións de xeración de enerxía eólica off-shore. Análise non lineal de estruturas de barras.
- Métodos inversos de interacción fluído-estrutura baseados en NURBS e T-splines. Análise isxeométrico de láminas Kirchhoff-Love usando T-splines. Resolución de ecuacións diferenciais en forma forte mediante o uso de T-splines de orde arbitraria.
- Grupos topolóxicos.
- Efectos das cargas dinámicas de rodaxe na análise a fatiga de firmes flexibles.
- Novos modelos hiperbólicos de transporte por convección-difusión.
O laboratorio dispón dos elementos necesarios para a realización de calquera simulación e cálculo, incluíndo análises estadísticas e probabilísticos, e o uso de grandes clústers de computadores de traballo en paralelo.