Benvidos ao CITEEC
Somos un centro de investigación da Universidade da Coruña (UDC), especializado en I+D+i nos ámbitos da enxeñaría civil e a edificación.
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)
O CITEEC, centro de investigación da UDC, especialízase en I+D+i en enxeñaría civil e edificación, cun enfoque en sustenabilidade e innovación. O seu obxectivo é mellorar a investigación e transferencia de coñecimento, aliñado coa estratexia RIS3 e os ODS.
Inaugurado no ano 2000, o CITEEC conta con 10 laboratorios especializados nas súas instalacións e 4 laboratorios asociados, sendo un dos principais centros de investigación en España e único en Galicia.
O CITEEC posúe infraestruturas capaces de abordar ensaios de gran envergadura, ao nivel dos centros máis avanzados da Unión Europea.
O CITEEC, centro de investigación da UDC, especialízase en I+D+i en enxeñaría civil e edificación, cun enfoque en sustenabilidade e innovación. O seu obxectivo é mellorar a investigación e transferencia de coñecimento, aliñado coa estratexia RIS3 e os ODS.
Inaugurado no ano 2000, o CITEEC conta con 10 laboratorios especializados nas súas instalacións e 4 laboratorios asociados, sendo un dos principais centros de investigación en España e único en Galicia.
O CITEEC posúe infraestruturas capaces de abordar ensaios de gran envergadura, ao nivel dos centros máis avanzados da Unión Europea.
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) é unha unidade de investigación única en Galicia -e singular no conxunto do Estado español- polo seu foco temático e as súas capacidades científico-tecnolóxicas ao servizo da investigación, a innovación e a sociedade. Desde a súa inauguración en xuño do ano 2000, no CITEEC desenvolven a súa actividade científico-técnica um amplo conxunto de investigadores e investigadoras, para os cales o uso destas instalacións e equipos constitúe un factor chave e absolutamente imprescindible para acadar resultados de excelencia nos seus respectivos campos.
Sobre esta base, defínese en 2017 un primeiro proxecto para articular aos grupos máis vinculados ao centro, definir unha primeira axenda de investigación conxunta e sentar as bases dun proceso de desenvolvemento institucional, todo iso coa visión a medio prazo de chegar a ser un centro de investigación de excelencia do Sistema Universitario de Galicia. Pola súa calidade e potencial, lógrase o recoñecemento da Xunta de Galicia como Agrupación Estratéxica de Investigación, obtendo financiación basada para o período 2018-2020.
Finalizada esta etapa, apostouse por continuar cara á consolidación como centro de investigación da UDC, obtendo finalmente o recoñecemento como centro de excelencia colaborativo na convocatoria Centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia do 2023 (CIGUS 2023). Sobre a base deste equipo científico, e dotado cunhas infraestruturas tecnolóxicas ao nivel das dos centros máis avanzados da UE, os obxectivos do CITEEC diríxense a avanzar na consecución dun posicionamento científico referencial, como alicerce fundamental para mellorar a competitividade dos sectores estratéxicos vinculados á enxeñaría civil e a edificación sostible de Galicia, España e Europa, logrando un impacto social, ambiental e económico.
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) é un centro de investigación da Universidade da Coruña (UDC) especializado na I+D+i nos múltiples ámbitos e sectores comprendidos dentro da enxeñaría civil e a edificación. A súa finalidade é mellorar e intensificar a investigación e transferencia de coñecemento nos devanditos sectores desde unha perspectiva sostible e innovadora, baseándose na análise experimental complementado cun sólido apoio da análise numérica, e seguindo as prioridades da Estratexia RIS3, da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía 2021-2027, da Estratexia Europea Horizonte Europa 2021-2027, e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS, Axenda 2030).
Misión
Xerar novo coñecemento e innovación para unha enxeñaría civil e unha edificación máis sostibles, captar e desenvolver talento investigador nunha contorna aliñada cos máis altos estándares de excelencia, e crear oportunidades de transferencia á sociedade, en colaboración co tecido empresarial
Visión
Ser un alicerce fundamental para mellorar a competitividade dos sectores produtivos promovendo a sustentabilidade ambiental e logrando un impacto social e económico positivo. Aspiramos a ser referentes e aliados estratéxicos en investigación e innovación para as principais entidades destes sectores
Valores
Sustentabilidade
Compromiso
Excelencia
Multidisciplinaridade
Integración
Colaboración
Outros centros e servizos da UDC
As cifras do centro
Contacta co CITEEC
Interésache o noso centro? Ponte en contacto connosco e responderémosche o antes posible.