Close icon
Seleccionar idioma
Imagen de fondo Imagen de fondo

Laboratorio de Mecánica de Rochas

Impulsamos a innovación e o desenvolvemento científico en mecánica de rochas e as súas aplicacións, transferindo á sociedade coñecementos especializados.

Home icon Home > Laboratorio de Mecánica de Rochas
LABORATORIO DE MECÁNICA DE ROCHAS

Innovación e desenvolvemento científico en mecánica de rochas

LaMeRoc está ubicado na E.T.S. de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña e forma parte da rede de infraestruturas de investigación integradas no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC). Ao redor do LaMeRoc configúrase un equipo humano multidisciplinar composto por investigadores e docentes con formación en Xeoloxía, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Minas e outras áreas afíns.

video

LaMeRoc está ubicado na E.T.S. de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña e forma parte da rede de infraestruturas de investigación integradas no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC). Ao redor do LaMeRoc configúrase un equipo humano multidisciplinar composto por investigadores e docentes con formación en Xeoloxía, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Minas e outras áreas afíns.

Icon
LaMeRoc
Quen somos?
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide

A misión principal do LaMeRoc é impulsar a innovación e o desenvolvemento científico en mecánica de rochas e as súas aplicacións, transferindo á sociedade coñecementos especializados mediante a colaboración, a formación de alto nivel e a divulgación científica.

LaMeRoc aspira a consolidarse como un referente nacional e internacional no seu ámbito, promovendo unha cultura baseada nas boas prácticas, a calidade do servizo, o compromiso social e a responsabilidade ambiental: Desde os ensaios máis sinxelos até os máis avanzados, LaMeRoc procura a excelencia en todas as súas actividades, o que constitúe o seu principal aceno de identidade.

LaMeRoc é, ante todo, un laboratorio de I+D+i con capacidade para ofrecer servizos técnicos avanzados e asesoramento a empresas, institucións e grupos de investigación, tanto nacionais como internacionais. Así mesmo, mantén un firme compromiso coa formación, desenvolvendo programas básicos e avanzados para profesionais, e participando na supervisión de estudantes de máster e doutoramento.

O laboratorio atópase aberto á colaboración en proxectos e contratos de I+D+i, así como á xeración de sinerxías con outros centros de investigación ou empresas con obxectivos complementarios. Do mesmo xeito, LaMeRoc mostra un especial interese en promover a cooperación para a creación de programas avanzados de formación e divulgación, sexa mediante convenios interinstitucionales, sexa mediante patrocinios ou accións de mecenado.

Os ámbitos de traballo de LaMeRoc abarcan diferentes liñas de actividade:

  1. Ensaios de rutina (Routine Core Analyses, RCA polas súas siglas en inglés) e ensaios especiais (Special Core Analyses, SCAL polas súas siglas en inglés) en solos e rochas;
  2. Deseño e construción de equipos experimentais;
  3. Análise e tratamento avanzado de datos; e
  4. Formación especializada.

En consonancia con estas capacidades, durante os últimos dez anos desenvolvemos proxectos aplicados nunha ampla variedade de sectores: enxeñaría civil e de minas, enerxías renovables e transición enerxética (almacenamento térmico, almacenamento de gas natural e hidróxeno, almacenamento e mineralización de CO₂, entre outros), xeotermia, exploración e produción de hidrocarburos, recursos hídricos e calidade da auga, entre outros ámbitos.

Os servizos do LaMeRoc poden contratarse a través da rede de fundacións da Universidade da Coruña:

slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
Icon
Servizos
Mostraxe de Rochas
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide
slide
  • Mostraxe en afloramentos e reperforación de testemuñas; Corte e rectificado de probetas; Verificación dimensional; Limpeza de mostras (soxhlet); Fotografía e documentación; Etc.
  • Determinación de densidade (aparente, sólido, etc.); porosidade (MIP, picnometría de He); mineraloxía (DRX, DSC-TG); petrografía (microscopía óptica, MEB); composición química (FRX, m-FRX); capacidade de intercambio iónico; superficie específica (BET); microtomografía de raios X; capacidade calorífica, dilatación térmica, conductividade térmica; etc.
  • Análise de augas: (ICP-MS, cromatografía iónica, espectrometría, isótopos estables, etc.)
  • Ensaios xeomecánicos: Resistencia a compresión non confinada (UCS); resistencia a compresión confinada (CCS) con ou sen presión de poro, traxectorias tensionais e medida de deformacións; tracción directa ou indirecta; ensaios de resistencia a cortante en xuntas; tenacidade de fractura en modo I (pCT, SCB…) e modo II; fluencia; etc.
  • Ensaios petrofísicos: Determinación de velocidades de propagación de ondas compresivas (VP) e de cizalla (VS); avaliación de módulos elásticos dinámicos; emisión acústica; etc.
  • Avaliación da permeabilidade con gases ou líquidos empregando métodos de estado estacionario ou transitorio (pulso de presión, oscilación de presión, etc.)
  • Ensaios especiais: Triaxial verdadeiro (true triaxial); fracturación hidráulica (hydraulic fracturing); areamento (sanding); caracterización de axentes apuntalantes (proppants); inxección forzada monofásica ou bifásica (core flooding); presións de fuga (entry & breakthrough pressures); inxección de trazadores; dano de formación; ensaios a alta T e P; videocorrelación (DIC); Etc.
  • Estudos de contaminación; modelización hidroquímica e de transporte reactivo.
slide
slide
slide
slide
slide
slide
Icon
O laboratorio
O laboratorio
Plus icon Minus icon
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide

As instalacións do LaMeRoc distribúense entre os laboratorios do CITEEC e os da E.T.S. de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos. Outros equipos atópanse situados nos Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da Universidade da Coruña. O laboratorio dispón dun equipamento avanzado e versátil que permite realizar desde ensaios básicos (RCA), conforme a normas ASTM e UNE-EN ou seguindo as recomendacións da Sociedade Internacional de Mecánica de Rocas (ISRM), até ensaios avanzados que requiren unha elevada complexidade instrumental, condicións de alta temperatura e presión, ou tempos de execución prolongados.

A concepción modular dos equipos posibilita a súa reconfiguración para adaptarse ás necesidades específicas de cada proxecto. Para iso, LaMeRoc conta cun pequeno taller mecánico e electrónico, complementado coas capacidades técnicas do CITEEC. No caso de proxectos de maior envergadura, o laboratorio recorre ao apoio profesional de empresas de confianza, altamente cualificadas.

As raíces do LaMeRoc atópanse no ámbito da Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (IDT). Para dar resposta aos múltiples desafíos abordados ao longo da nosa traxectoria, desenvolvemos capacidades especializadas que abarcan a conceptualización, o deseño, a fabricación, a validación e a aplicación de equipos destinados á realización de ensaios especiais.

Algúns destes equipos foron desenvolvidos para atender necesidades específicas de empresas de referencia no sector, mentres que outros son froito de iniciativas propias orientadas a profundar no coñecemento de técnicas, procesos e materiais.

Na actualidade, as actividades de IDT do LaMeRoc articúlanse ao redor de dúas liñas principais:

  1. Deseño e fabricación de equipos; e
  2. Aplicación avanzada de técnicas de manufactura aditiva.
  • LaMeRoc dispón dun pequeno taller destinado á realización de traballos mecánicos e electrónicos de pequena escala. Para proxectos ou equipos de maior envergadura, contamos co apoio humano e material do CITEEC, así como cunha rede de empresas de recoñecida solvencia que garanten a execución de solucións técnicas de alta calidade.
    • Bombas hidráulicas programables de alta presión e alta precisión; Intercambiadores de fluído mediante cilindros de pistón flotante; Dispositivos para ensaios xeomecánicos a alta temperatura; Equipos especializados (picnometría de He, propiedades térmicas, etc.); Celas porta-testemuñas; Integración de sistemas; Etc.

Aínda que o núcleo da actividade do LaMeRoc céntrase na mecánica de rocas, este non é o seu único ámbito de interese. Actualmente traballamos de forma activa no desenvolvemento de aplicacións innovadoras baseadas, na actualidade, no uso de técnicas de manufactura aditiva empregando materiais poliméricos.

  • Materiais flexibles; materiais de alta resistencia; materiais de propiedades melloradas; ensaio e caracterización de polímeros; membranas para equipos triaxiais; membranas instrumentadas; instrumentación diversa; Etc.
Ver más
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
slide
CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.