Jacobo Canal Vila
O Dr. Jacobo Canal Vila é Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (2006), Máster en Enxeñaría da Auga (2009) e Doutor en Enxeñaría Civil (2016) pola Universidade da Coruña. s seus campos de especialización céntranse en temas de captura e almacenamento xeolóxico de CO₂ (CCS: Carbon Capture and Storage): deseño e construción de equipos experimentais (sistemas triaxiais); medicións de permeabilidade ao gas e á auga en medios de alta e baixa permeabilidade; interpretación das velocidades acústicas; determinación da rotura; etc.
Entre 2009 e 2013 traballou como investigador doutoral na Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN), realizando experimentos con CO₂, supervisando a campaña de petrofísica e xeomecánica en Hontomín, instalando e poñendo a punto varios equipos no laboratorio de CIUDEN, incluíndo unha estadía de 5 meses na Colorado School of Mines con Mike Batzle no Center for Rock Abuse. Desde 2014 ata a actualidade traballa para Repsol, desempeñando sucesivamente cargos de petrofísico, petrofísico sénior, xefe do Laboratorio de Rochas e Catálise, e asesor de Xeomecánica.