Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

O CITEEC da UDC celebra a #GreenWeek cun programa de actividades no mes de xuño

CC
Escrito por
Comunicación CITEEC
Publicado
25/05/2026
Time icon
4 min
|
25/05/2026
Share icon
Compartir
  • O centro aposta pola sustentabilidade cun programa de conferencias, formación e divulgación científica no marco da Semana Verde da UE.
Toc icon

Tabla de contenidos

    A programación especial de actividades de formación e divulgación propostas polo Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña foi recoñecido co selo oficial de evento colaborador da Green Week 2026.

    Este evento europeo reúne anualmente a científicos, empresas, políticos, organizacións e cidadáns co obxectivo de debater sobre políticas medioambientais e boas prácticas en Europa. A CITEEC Green Week aglutinará durante o mes de xuño as seguintes actividades:

    • Xoves, 4 de xuño | 12.30h | Edición especial do Interlabs

    O Interlabs é un evento de divulgación científico-técnica no que persoal investigador emerxente e persoal técnico de distintos laboratorios do CITEEC realizan presentacións breves sobre o seu traballo en diversos ámbitos vinculados ás áreas do centro. Nesta edición, participará persoal de estancia con traballos de infraestruturas verdes e solucións baseadas na natureza.

    • Venres, 5 de xuño | 12.00h | Xornada de portas abertas

    O CITEEC abrirá as súas portas a toda a cidadanía: estudantado, familias, mocidade, empresas e representantes do sector. As persoas asistentes poderán realizar un percorrido guiado polos principais laboratorios do centro e coñecer de primeira man os ensaios e proxectos de investigación que se desenvolven nas súas instalacións, con demostracións prácticas e experiencias participativas.

    • Luns, 8 de xuño | 12.30h | Conferencia de Sebastián Villasante

    No Día Mundial dos Océanos, o CITEEC acollerá a conferencia “Tender pontes entre a ciencia e a política para un océano sostible”, impartida polo profesor Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab (proxecto ERC Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación), investigador Distinguido Oportunius Xunta de Galicia, co-presidente do Programa PECS sobre Equidade Oceánica para Futuros Sustentables e autor coordinador principal da Avaliación de Cambio Transformador do IPBES, dos Informes sobre Puntos de Inflexión Globais e da III Avaliación Mundial dos Océanos.

    • Xoves, 18 de xuño | 12:30 h | Conferencia de Adrián Krezlik

    Baixo o título “Estratexias de descarbonización na contorna construída”, o arquitecto e investigador da Universidade do Porto Adrián Krezlik amosará como as ferramentas de análise ambiental, as estratexias materiais e a simulación dixital se integran no proceso de deseño arquitectónico para reducir o carbono incorporado e a demanda enerxética operativa, ao tempo que se mellora o confort interior.

    • Xoves, 18 de xuño | 17:00 h | Andaina climática

    Un grupo guiado por Adrián Krezlik observará e analizará como a arquitectura tradicional e vernácula da cidade de A Coruña negocia cas condicións climáticas locais para mellorar o confort térmico e reducir a demanda enerxética dos edificios.

    • Venres, 19 de xuño | 10:00 h | Curso “Análise do ciclo de vida (ACV) aplicada e práctica para infraestruturas”

    Adrián Krezlik impartirá un curso sobre como o Análise de Ciclo de Vida (ACV) pode integrarse no desenvolvemento e na avaliación de proxectos reais, analizando como os impactos ambientais asociados aos materiais e aos procesos iniciais poden dominar o perfil ambiental total dun proxecto. Así mesmo, abordará o papel emerxente da IA e dos modelos preditivos no campo do LCA.

    As actividades son abertas e gratuítas ata completar aforo, con excepción da andaina climática, do curso de formación e da xornada de portas abertas, que requiren inscrición previa a través do formulario habilitado polo CITEEC (antes do luns, 8 de xuño). A andaina e o curso priorizarán a participación do persoal adscrito ao centro, podendo abrirse ao público xeral no caso de non completar o aforo.

    Grid Grid
    CITEEC
    Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
    Location
    Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
    citeec@udc.es Arrow icon
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.