Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

A UDC organiza un curso de verán sobre descarbonización industrial e tecnoloxías CAUC

CC
Escrito por
Comunicación CITEEC
Publicado
30/06/2026
Time icon
2 min
|
30/06/2026
Share icon
Compartir
  • O encontro poñerá o foco nas tecnoloxías de captura, almacenamento, transporte e uso do CO₂ como ferramentas clave para a transición industrial.
  • A iniciativa contará coa participación de persoal investigador, representantes do sector e expertos de ámbito estatal.
Toc icon

Tabla de contenidos

    A Universidade da Coruña acollerá os vindeiros 14 e 15 de xullo o curso de verán “Descarbonización Industrial e Tecnoloxías de Captura, Transporte, Almacenamento e Uso do CO₂: Unha Visión Atlántica”, organizado polo Laboratorio de Mecánica de Rochas (LaMeRoc), integrado no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).

    A formación desenvolverase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC e centrará a súa atención nas tecnoloxías CAUC (Captura, Almacenamento, Transporte e Uso do CO₂), consideradas ferramentas clave para avanzar cara a unha descarbonización efectiva da industria.

    O curso pretende, por unha banda, dar a coñecer as iniciativas que se están a desenvolver en Galicia no ámbito das tecnoloxías CAUC, promovendo a reflexión sobre os perfís profesionais emerxentes, as oportunidades e os retos que deben abordarse tanto desde a comunidade académica como desde o tecido industrial. Por outra banda, busca mostrar como un contexto rexional apoiado por políticas públicas aliñadas está a favorecer o impulso de proxectos e iniciativas industriais de grande envergadura, nos que a descarbonización se perfila como un horizonte económico e empresarial de alto valor engadido.

    O curso está coordinado por Jordi Delgado Martín, integrante do Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), e conta tamén coa colaboración da Plataforma Tecnolóxica Española do CO₂, cuxo presidente, Pedro Mora Peris, participará nas sesións programadas. Ambas xornadas contarán con intervencións de referentes autonómicos e nacionais no ámbito das CAUC.

    A actividade está aberta a toda a comunidade e contempla diferentes modalidades de matrícula, que inclúen a cobertura de gastos de desprazamento e dietas. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da ligazón habilitada para este fin.

    Programa Completo

    Grid Grid
    CITEEC
    Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
    Location
    Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
    citeec@udc.es Arrow icon
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.