Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Benvidos e benvidas á UDC!

CC
Escrito por
Comunicación CITEEC
Publicado
17/09/2026
Time icon
1 min
|
17/09/2026
Share icon
Compartir
Toc icon

Tabla de contenidos

    O equipo do CITEEC participou esta mañá na Xornada de Benvida UDC, “Ola UDC”, celebrada no estadio universitario Mariña Dourada, para dar a benvida ao novo estudantado da Universidade da Coruña.

    Durante esta xornada, diferentes centros e asociacións da UDC presentaron os seus servizos, actividades e capacidades, achegando ao novo estudantado as oportunidades que ofrece a Universidade.

    O CITEEC estivo presente coas súas maquetas do mini-CITEEC, unha proposta coa que mostramos de forma divulgativa parte do traballo que desenvolve o noso persoal investigador. A través delas, achegamos ao estudantado como a investigación e a innovación en enxeñaría civil, edificación e outras áreas contribúen a dar resposta aos retos da sociedade e a mellorar a vida das persoas.

    A participación nesta xornada permitiu ao CITEEC achegar a súa actividade investigadora ás novas xeracións de estudantes e mostrarlles as posibilidades que ofrecen a investigación e a innovación dentro da Universidade da Coruña.

     

    Ver esta publicación en Instagram

     

    Una publicación compartida de CITEEC (@citeec_udc)

     

    Slide
    Slide
    Slide
    Slide
    Slide
    Grid Grid
    CITEEC
    Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
    Location
    Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
    citeec@udc.es Arrow icon
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.