Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

A traxectoria de Ricardo García Mira, recoñecida ca Cátedra Honoraria “Ching-Ching Hung-Dao”

CC
Escrito por
Comunicación CITEEC
Publicado
06/05/2026
Time icon
2 min
|
06/05/2026
Share icon
Compartir
  • A National Tsing Hua University de Taiwán distingue a excelencia académica e científica do investigador da UDC
  • O recoñecemento destaca a súa contribución á psicoloxía aplicada á educación e a súa proxección internacional
Toc icon

Tabla de contenidos

    O profesor Ricardo García Mira, investigador no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) e catedrático emérito da Universidade da Coruña, vén de ser distinguido pola National Tsing Hua University (NTHU) de Taiwán en recoñecemento á súa destacada traxectoria académica e científica no ámbito da psicoloxía aplicada á educación.

    A distinción corresponde á Cátedra Honoraria “Ching-Ching Hung-Dao”, creada para recoñecer a excelencia en investigación e docencia, así como o prestixio internacional, e para contribuír á atracción e retención de talento académico. Trátase dun dos máis altos recoñecementos da National Tsing Hua University, con sede en Hsinchu.

    Esta cátedra está promovida polo College of Education e polo Departamento de Recursos Ambientais e Culturais da universidade taiwanesa. A denominación “Ching-Ching Hung-Dao” procede do chinés orixinal “Qingjing” (o benefactor) e ten por obxecto promover o “Dao”, un concepto filosófico confuciano que significa “o camiño correcto do coñecemento e da educación”.

    Unha traxectoria académica de referencia

    O profesor García Mira, que foi recentemente nomeado catedrático emérito polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña, suma así unha distinción máis na súa brillante carreira académica, que vén unirse á que xa posúe coa Bath University, onde é Catedrático Honorario desde 2016 ata 2027, ou á de “Doctor Honoris Causa” pola Universidade Alexandru Ioan Cuza de Iași (Romanía) concedido en 2018, ou á distinción de “Académico” da International Association of Applied Psychology (a sociedade de psicoloxía máis antiga do mundo) concedida tamén en 2018. García Mira foi tamén Profesor Visitante Distinguido da Universidade do Estado de Texas (2002) e da Cornell University (2019), ambas dos Estados Unidos, e ultimamente da Universidade de Tokyo (2021) e da Universidade de Santo Tomás de Manila (2025).

    Slide
    Slide
    Grid Grid
    CITEEC
    Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
    Location
    Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
    citeec@udc.es Arrow icon
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.