
No Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) celebramos o Día Internacional da Muller na Enxeñaría coa publicación da resolución de premios do I Concurso Escolar de Cómics “Muller na enxeñaría”, convocado o pasado 30 de abril.
O certame contou coa participación de alumnado de educación primaria e secundaria de toda Galicia, que presentou obras de estilos, temáticas e narrativas diversas arredor da traxectoria e da contribución das mulleres á enxeñaría.
O xurado, integrado pola Comisión de Igualdade do CITEEC e reunido o pasado 19 de xuño, acordou conceder os seguintes galardóns:
- 1º Premio na modalidade de secundaria: Uxía Fernández Agras, estudante do CPR Plurilingüe Losada (Vigo).
- 1º Premio na modalidade de primaria: Anael Grobas Núñez, do CEIP Plurilingüe Sofía Casanova (Culleredo).
- Mención especial “Lapis de ouro” na modalidade primaria: Ada Diéguez Rodríguez, do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela).
- Recoñecemento “Enxeñeiras verdes” na modalidade primaria: Sara Méndez Vázquez, do CEIP de Currelos (O Saviñao).
Desde o CITEEC queremos agradecer a participación de todo o alumnado e do profesorado implicado, así como recoñecer a calidade e a creatividade dos traballos presentados.
O equipo de xestión do centro porase en contacto coas persoas premiadas para coordinar a visita ao CITEEC e a entrega dos galardóns, que se realizará nos próximos días en función da dispoñibilidade das partes implicadas.
As investigadoras do CITEEC
Ademais, co obxectivo de visibilizar o papel das investigadoras vinculadas á enxeñaría e dar a coñecer as diferentes liñas de traballo desenvolvidas no centro, o CITEEC publicou un vídeo conmemorativo no que participan investigadoras de distintos ámbitos, compartindo palabras e conceptos clave relacionados coa súa actividade científica e investigadora.
Ver esta publicación en Instagram