Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

A UDC reúne a expertos internacionais para abordar a emerxencia dos fenómenos climáticos extremos

CC
Escrito por
Comunicación CITEEC
Publicado
11/05/2026
Time icon
2 min
|
11/05/2026
Share icon
Compartir
  • Especialistas de referencia internacional analizarán riscos, percepción social e estratexias de adaptación ao cambio climático.
  • O seminario celebrarase o 15 de maio no CITEEC da Universidade da Coruña como punto de encontro entre ciencia e políticas públicas.
Toc icon

Tabla de contenidos

    O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 15 de maio un seminario de alto nivel tras as recentes catástrofes de 2026, co obxectivo de tender pontes entre a ciencia climática e as políticas públicas nacionais e europeas. Este evento está coordinado polo distinguido investigador Dr. Fredy Santiago Monge Rodríguez, do Departamento de Psicoloxía e afiliado ao Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña.

    Tras un comezo de ano marcado pola dureza dos fenómenos meteorolóxicos extremos, a comunidade científica dá un paso adiante. As devastadoras tormentas e inundacións do pasado mes de febreiro, que deixaron máis de 11.000 persoas desprazadas en Galicia e Andalucía, sumadas ao recordo aínda recente da DANA de Valencia en 2024, evidencian que España se atopa na primeira liña da crise climática.

    Neste contexto, a Sala de Visualización do CITEEC converterase no epicentro do debate climático ca celebración da xornada interdisciplinar “Xornada Internacional sobre eventos climáticos extremos e cambio climático: respostas para a adaptación”.

    Un panel internacional fronte a desafíos locais

    O encontro contará cun destacado elenco de expertos de traxectoria internacional. Entre os relatores salientan:

    • Ciencias do comportamento: Cameron Brick (Universidade de Ámsterdam), Robert Tobias (Universidade de Zúrich), Adrian Brugger (Universidade de Berna) e Fredy S. Monge (Universidade da Coruña), que analizarán como a sociedade percibe o risco e que factores impulsan a adaptación.
    • Xeomorfoloxía e riscos hídricos: Chris Skinner (York St John University), especialista en modelización de inundacións.
    • Sostibilidade e adaptación: Os investigadores Ricardo García e Rodrigo Lozano Ros, da Universidade da Coruña, achegarán unha visión centrada na adaptación e na sostibilidade.

    “O cambio climático xa non é unha proxección de futuro; é unha realidade que está a degradar o noso contorno e a esixir respostas políticas coordinadas”, sinala a organización do seminario. O foro nace co propósito de romper os “silos” do coñecemento e fomentar un espazo de debate verdadeiramente interdisciplinar.

    Grid Grid
    CITEEC
    Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
    Location
    Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
    citeec@udc.es Arrow icon
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.