Tel: 881 01 4971
Correo electrónico: viviana.barneche@udc.es
Enlaces de interés:
VideaLAB Viviana Barneche Naya
Doutora arquitecta. Profesora Contratada Doutora, integrante do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación están vinculadas á análise e exploración do potencial das tecnoloxías emerxentes dos gráficos en tempo real para a súa aplicación en diferentes ámbitos do coñecemento. Entre eles inclúense a visualización interactiva e inmersiva aplicada á arquitectura e enxeñaría, a reconstrución arqueolóxica e patrimonial, a museística, as interfaces naturais e a experiencia de usuario (UX) en contornos 3D.
Galardoada co Architectural 3D Award 2011 polo seu traballo na reconstrución virtual da Catedral de Santiago de Compostela.
CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña