Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Virginia Mato Abad

Docente e coordinadora da Mención en Enxeñería do Software no Grao en Enxeñería Informática da Universidade da Coruña. Dirixe a Cátedra ALDABA-WIB, unha cátedra interuniversitaria entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, que ten como un dos seus principais obxectivos promover iniciativas que contribúan a dar visibilidade ás mulleres no mundo das TIC, impulsando vocacións tecnolóxicas e rompendo estereotipos de xénero para que nenas e nenos poidan decidir o seu futuro profesional con información veraz e obxectiva.

A súa investigación en Enxeñería Informática céntrase no desenvolvemento de modelos e procedementos informáticos para a análise e procesamiento de imaxes médicas, así como na adaptación de técnicas de Aprendizaxe automática (ML) para aplicar os resultados obtidos cos devanditos procedementos.

Entre os seus méritos destacan a coautoría de 21 artigos indexados no Journal Citation Reports e a participación en 23 proxectos de investigación de I+D+i financiados en convocatorias competitivas internacionais, nacionais e autonómicas.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.