Correo electrónico: v.lchao@udc.es
Vicente Adrián López Chao
Vicente López-Chao é profesor axudante de Expresión Gráfica Arquitectónica na Universidade da Coruña. Ten dous doutoramentos: un en Investigación en Gráfica Arquitectónica (UDC, 2021) e outro en O impacto do espazo de deseño e outras variables sociofísicas no proceso de ensino e aprendizaxe (UDC, 2017, con mención internacional e premio extraordinario). Tamén é mestrado en Representación e Deseño en Enxeñaría e Arquitectura (UAL, 2019), mestrado en Didáctica (UDC, 2018), mestrado en Formación do Profesorado en Artes (UDC, 2014), licenciado en Ciencias da Arquitectura (2011) e licenciado en Arquitectura (2013) pola University College Dublin.
A súa investigación céntrase no deseño centrado no ser humano, a calidade ambiental interior e o uso de métodos gráficos e dixitais para a análise arquitectónica. Publicou máis de 25 artigos en revistas indexadas polo JCR ( International Journal of Architectural Heritage , EGA Expresión Gráfica Arquitectónica , Architecture, City and Environment , Diseño , Frontiers of Architectural Research , International Journal of Engineering Education , Buildings , etc.) e varios capítulos de libros con Springer.
Ocupou postos académicos na USC, UAL, ULL e UDC, e realizou estadías de investigación na Universidade de Oxford, na Universidade do Porto e na Universidade de Tesalia. Dirixiu dúas teses doutorais, que xa foron defendidas, e actualmente supervisa a outros sete estudantes de doutoramento.