Tel: 881 01 2190
Correo electrónico: soledad.muniategui@udc.es
Soledad Muniategui Lorenzo
Licenciada e Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, é Catedrática de Química Analítica na Universidade da Coruña desde 2003. Con salientable traxectoria docente e investigadora, coordina desde 2016 o grupo Química Analítica Aplicada (QANAP), recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Universitario Galego. A súa investigación céntrase no desenvolvemento de novas estratexias analíticas e a avaliación de contaminantes prioritarios, persistentes e emerxentes no medio ambiente (hidrocarburos, produtos farmacéuticos e de coidado privado, aditivos, plastificantes, disruptores endócrinos, metais). Con especial atención á calidade do aire, da auga e o medio mariño, micro/nano-plásticos no medio ambiente, exposición e biodisponibilidad de contaminantes ambientais e avaliación do risco.
Participou en numerosos proxectos de I+D nacionais e internacionais e contratos con empresas e institucións, na maioría como investigadora responsable, e en redes e comités científicos nacionais e internacionais. Desempeñou cargos académicos na UDC, Directora do Instituto Universitario de Medio Ambiente e do Departamento de Química Analítica, é vogal da Sociedade Española de Química Analítica (SEQA) e Académica de Número da Real Academia de Farmacia de Galicia.