Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Ricardo García Mira

Ricardo García Mira é Catedrático de Psicoloxía Social, especializado en Psicoloxía Ambiental. Dirixiu o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC desde 1995 ata 2022. Foi nomeado Catedrático Honorario pola Universidade de Bath, no Reino Unido, para o período 2016-2027. O 6 de decembro de 2018 foi investido Doutor Honoris Causa pola “Alexandru Ioan Cuza” University of Iasi. Nomeado en 2019 membro “Fellow” da International Association of Applied Psychology. Foi Presidente da sociedade científica International Association for People-Environment Studies – IAPS (2014-2018) e desempeñou o cargo de Presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial “Xoán Vicente Viqueira” desde 2004 ata 2022, ostentando actualmente o cargo de Presidente Honorario. Foi Deputado no Congreso pola provincia da Coruña (Lexislaturas XI e XII, entre 2016 e 2019), ocupando o cargo de Portavoz de Cambio Climático na Comisión para a Transición Ecolóxica. Foi tamén Secretario da Comisión de Economía e Innovación do Congreso, e membro da Comisión de Ciencia, Universidades e Innovación. Entre os proxectos recentes completados, foi Coordinador do Consorcio Europeo ENTRANCES (2020-2023) sobre aspectos sociais da transición enerxética, e actualmente é IP para a UDC e membro do Consorcio Europeo TRIGGER (2022-2027) sobre o impacto do cambio climático na saúde.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.