Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Ricardo Antonio Juncosa Rivera

Dr. Enxeñeiro de Minas pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM). Pertence ao Grupo de Enxeñería da auga e Medio Ambiente (Hidroloxía e Xeoloxía Aplicada) da Universidade da Coruña (GEAMA-HYGA). Actualmente é Catedrático da UDC (Universidade da Coruña) e lidera o grupo de investigación. É especialista en modelos hidroxeolóxicos e en caracterización hidrolóxica e hidroquímica de chans e augas. Desenvolveu a súa tese no campo do desenvolvemento, aplicación e uso de modelos numéricos en augas subterráneas, participando en diferentes proxectos europeos do programa de Fisión Nuclear da Comunidade Europea patrocinados por ENRESA, así como en diferentes proxectos nacionais financiados por entidades públicas e privadas (mais de 100). Participou en proxectos pertencentes a convocatorias competitivas do Ministerio a nivel estatal (CGL2006-01452 / HID, CGL2009-11258 / HID relativos a hidroloxía (superficial e subterránea), Xunta, a nivel autonómico (PGIDT02PXIC 16201PN, 10REM003C,…).

Participación en proxectos e contratos de transferencia: 160; 3 sexenios de investigación (2002-2007; 2008-2013; 2014-2019); 1 de transferencia; 6 quinquenios docentes (desde 1993 a 2023); Recoñecemento de excelencia curricular (10 tramos).

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.