Paloma Funes García
Investigadora predoctoral na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da UDC, onde traballa co grupo de investigación gCons desde finais do 2023. Actividade investigadora centrada no ámbito da impresión 3D de formigón, unha tecnoloxía emerxente que promete transformar o sector da construción mediante a automatización, a eficiencia no uso de materiais e a redución do impacto ambiental.
Graduada en Arquitectura Técnica e Ciencias Empresariais pola UDC no ano 2022, completou a súa formación académica cun Máster en Dirección Integrada de Proxectos. Actualmente está a desenvolver a súa investigación no marco do proxecto Eco3DConcrete, enfocado no desenvolvemento de solucións construtivas máis eficientes e sostibles mediante a impresión 3D. Paralelamente, colabora co proxecto 3DHealConcrete, centrado no deseño de mesturas de formigón autorreparables adaptadas a tecnoloxías de fabricación aditiva.