Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Orlando García Feal

Orlando García Feal é investigador no ámbito do modelado numérico e a hidráulica computacional, cun enfoque centrado no estudo e a mitigación dos impactos asociados ás inundacións. A súa traxectoria combina a física ambiental, a enxeñería hidráulica e a hidroloxía, aplicando técnicas de computación de altas prestacións ao desenvolvemento de modelos e ferramentas de libre acceso para a comunidade científica e técnica.

Forma parte do equipo de desenvolvemento dos modelos Iber e DualSPHysics. Ademais, lidera o desenvolvemento de Iber+, unha versión de optimizada para GPUs que permite simular con maior eficiencia fenómenos hidrolóxicos e hidráulicos. As súas contribucións tamén inclúen o desenvolvemento de sistemas de alerta temperá, modelos de calidade de auga e ferramentas de visualización, sempre coa vocación de transferir o coñecemento á sociedade e ás administracións responsables da xestión da auga.

Ao longo da súa carreira colaborou con diversas institucións nacionais e internacionais, participou en proxectos de investigación competitivos e combina o seu labor científico coa docencia universitaria, a formación de mozos investigadores e a divulgación en ciencias ambientais.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.