Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Martín Rey Furelos

Son Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, especializado en estruturas. Actualmente traballo como investigador na Universidade da Coruña, no Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñería, onde desenvolvo métodos numéricos para a optimización de estruturas.

Posúo unha sólida formación en todas as ramas da Enxeñería de Camiños, cunha énfase particular na análise estrutural. Domino diversas ferramentas de software estándar na industria e na investigación, como SAP2000, ABAQUS ou NASTRAN. Ademais, teño experiencia no desenvolvemento de algoritmos e métodos numéricos para a resolución de problemas de enxeñería e de análise de datos, mediante o uso de diversas linguaxes de programación como Python, FORTRAN ou C++.

Actualmente estou a desenvolver a miña tese doutoral en optimización topolóxica de estruturas con restricións avanzadas: restricións no comportamento dinámico-estrutural, en inestabilidade enerxética lineal e non lineal, así como na resposta tensional da estrutura en réxime xeométrico non lineal.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.