Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

María Fernández Amado

Doutora en Química Ambiental e Fundamental pola UDC, especializada na área de Química Analítica e en análise medioambiental, e con máis dunha década de experiencia de traballo en laboratorio, participando en múltiples proxectos, contratos e convenios. Son membro do grupo QANAP e do Instituto Universitario de Medio Ambiente, onde actualmente traballo como persoal técnico de apoio á investigación. Conto con experiencia na realización de ensaios recolleitos no alcance a súa acreditación (laboratorio acreditado por ENAC, nº1051/LE1939), así como apoio á dirección técnica do devandito sistema de calidade. Ademais, imparto docencia práctica na Facultade de Ciencias, impartín 2 cursos de formación sobre cromatografía de líquidos e participo con frecuencia en actividades de divulgación. O meu traballo encádrase principalmente en calidade do aire e análise de trazas (fundamentalmente de compostos orgánicos), incluíndo desenvolvemento e validación de métodos, sobre todo con determinación por HPLC.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.