Tel: 881 01 1452
Correo electrónico: margarita.novales@udc.es
Margarita Novales Ordax
Margarita Novales é profesora titular de universidade. Obtivo, na súa carreira, 4 sexenios de investigación e un de transferencia, alén de 4 quinquenios de docencia. As súas principais áreas de especialización son a mellora de operación de sistemas de transporte público, os sistemas de metro lixeiro, tranvitrén e autobús mellorado, e a dinámica ferroviaria. Na actualidade traballa intensamente en explotación de datos masivos para mellorar o transporte público e a mobilidade, investigación cun marcado carácter interdisciplinar. Participou en numerosos proxectos de investigación competitivos, así como en numerosos contratos con empresas e institucións, sendo investigadora principal de moitos deles. Na súa carreira recibiu cinco premios polas súas actividades de investigación. É codirectora do Laboratorio de Mobilidade Sostible e coordinadora do Grupo de Ferrocarrís e Transportes da Universidade da Coruña. É a Tesoureira do Foro de Enxeñería do Transporte (FIT) e cocoordinadora do grupo de traballo de Movilidad e Transporte Intelixente da Rede CRUSOE. Foi, durante 5 anos, a Presidenta do Subcommittee on International Developments in Lights Rail Transit do Transportation Research Board (TRB).