Tel: 881 01 1417
Correo electrónico: luis.ramirez@udc.es
Luis Ramírez Palacios
Doutor Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña (2015). As miñas liñas de investigación inclúen o desenvolvemento de métodos numéricos de alta precisión en CFD, tanto métodos con malla como sen malla. En particular, aplícoos á simulación numérica de turbomáquinas e a problemas de propagación acústica. Como resultado, son autor de 34 artigos en revistas indexadas no JCR e sete capítulos de libro. Son autor de máis de 50 contribucións de congresos.
Fun codirector de dúas tese doutoral, defendidas en 2022, e de cinco proxectos técnicos no campo da mecánica computacional. Actualmente, codirijo dúas tese doutoral, con defensa prevista a finais de 2025.
Realicei cinco estancias de investigación en centros de internacionais de recoñecido prestixio cunha duración total de 12 meses: Arts et Métiers ParisTech en 2013, 2014 e 2024; Massachusetts Institute of Technology en 2015 e Cardiff University en 2020.
Fun coinvestigador principal de catro proxectos de investigación financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación e tamén coinvestigador principal dun proxecto de investigación do Banco Europeo de Investimentos. Ademais, participei como investigador en nove proxectos de I+D e catro contratos de investigación con empresas.