Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Luis Esteban Romera Rodríguez

Doutor Enxeñeiro Industrial especializado na área do deseño e a análise estrutural. Na actualidade son coordinador do grupo de investigación da UDC de Mecánica de Estruturas e responsable do laboratorio de dinámica de estruturas e a torre de impacto do CITEEC. As miñas liñas principais de investigación son o deseño e a optimización de estruturas fronte a impacto, o deseño sísmico, a análise de estruturas históricas e a biomecánica, traballando en todas elas con simulacións numéricas e ensaios experimentais. Os proxectos de investigación máis relevantes nos que participo céntranse na optimización de estruturas aeronáuticas e civís fronte a cargas estáticas, dinámicas e de impacto. No ámbito da colaboración con empresas traballo en proxectos de investigación para o desenvolvemento de novas estruturas de torres eólicas híbridas (Nordex, Acciona Enerxía), desenvolvemento de novas estruturas aeronáuticas (Airbus), ou colaboracións con múltiples empresas en diversos campos da enxeñería estrutural (Navantia, Ferrovial, SolarSteel, Puentes e Calzadas).

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.