Tel: 881 01 6048
Correo electrónico: luis.hernandez@udc.es
Luis Antonio Hernández Ibáñez
Dr. Arquitecto, profesor titular de universidade. Coordinador do Grupo en Visualización Avanzada e Cartografía da UDC. A súa investigación céntrase na aplicación da visualización avanzada por computador e as contornas virtuais e inmersivas en Arquitectura, Enxeñería Civil, Patrimonio Histórico e Cultural, Museoloxía e Educación, así como na representación dixital do territorio, aplicando técnicas de tempo real, interacción natural e realidade estendida en máis de 80 proxectos e contratos de I+D+i con empresas e administracións. Fundador dunha empresa de base tecnolóxica, membro fundador da Sociedade Española de Arqueoloxía Virtual, e de comités editoriais e científicos de varias revistas indexadas e congresos relacionados coa Arqueoloxía Virtual e a súa aplicación en museos e turismo cultural. Galardoado co Architectural 3D Award 2011 polo seu traballo na reconstrución virtual da Catedral de Santiago de Compostela.