Tel: 881 01 2729
Correo electrónico: juan.luis.perez@udc.es
Juan Luis Pérez Ordoñez
Investigador no campo da construción, centra a súa actividade principalmente na aplicación de técnicas de Intelixencia artificial ao Formigón Estrutural, Materiais de Construción, Ensaios Estruturais e aplicación da metodoloxía BIM. Desde 2001 participou en máis de 30 proxectos de investigación competitivos. Colaborou en varios proxectos de transferencia de tecnoloxía con empresas ou institucións no campo de investigación mencionado.
É membro do grupo de Construción (gCONS) da UDC.
Realizou 3 estancias de investigación (10 meses) e avaliou traballos en revistas científicas (JCR) e en congresos nacionais e internacionais e un libro internacional.
Publicou máis de 30 artigos en revistas internacionais con índice de impacto, 12 capítulos de libros, 35 comunicacións en congresos internacionais e 7 rexistros de software.
Logrou 3 sexenios de Investigación e 1 sexenio de Transferencia de Coñecemento e Innovación.
É docente na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica como na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos. Tamén é profesor externo (Universitat Politècnica de València -UPV) no Máster de formación permanente en BIM Management
Obtivo a avaliación positiva en 3 períodos (quinquenios) no Programa DOCENTIA