Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

José París López

Son Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña (promoción 1999-2004) con cualificación global de matrícula de honra e Doutor desde marzo de 2008 tamén pola Universidade da Coruña, con cualificación de sobresaliente cum laude na miña tese. Fun galardoado con dous premios pola miña tese doutoral (Accésit ANCI 2008 e Premio Extraordinario UDC).

Son autor de máis de 30 artigos científicos JCR (a gran maioría en revistas Q1) en máis de 20 revistas diferentes. O meu primeiro artigo científico relacionado coa temática da miña tese doutoral é un dos máis citados no ámbito da enxeñería da Universidade da Coruña. Realicei unha estancia de investigación en Arts et Métiers – ParisTech, Francia. Participei en máis de 15 proxectos de investigación competitivos e en 4 contratos de investigación e transferencia de tecnoloxía con empresas. Son investigador principal de proxectos de investigación competitivos en convocatoria pública. Así mesmo, tamén codirixín 5 teses doutorais, unha das cales recibiu o Premio ANCI 2018 a tese de doutoramento, alén de 2 Traballos de Fin de Máster e 4 Proxectos Técnicos.

En 2022, 2023 e 2024 fun editor asociado da revista internacional Engineering Optimization da editorial Taylor and Francis.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.