Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Jorge Moreda Piñeiro

Son Profesor Titular de Química Analítica na Universidade da Coruña desde 2003. Desde 1998 pertenzo ao Grupo de Investigación en Química Analítica Aplicada (QANAP), recoñecido como un grupo consolidado e de excelencia no Sistema Universitario Galego. As miñas principais áreas de investigación céntranse no desenvolvemento de novas metodoloxías analíticas para a determinación de contaminantes prioritarios e emerxentes en matrices ambientais, alimentarias e clínicas. Participei en 32 proxectos de I+D financiados en convocatorias competitivas a nivel rexional, nacional e europeo e en máis de 15 contratos/convenios con industrias, institucións públicas e centros tecnolóxicos, algúns deles como investigador principal. O meu traballo de investigación resúmese en 120 artigos (revistas indexadas JCR), a maioría deles (85 artigos) corresponden a revistas do primeiro cuartil, 9 libros/capítulos de libros e máis de 140 congresos. Esta investigación resúmese tamén na formación de mozos investigadores (tres Tese Doutoral dirixidas), así como na formación académica/investigadora de estudantes de Grao en Química e de Máster en Química (10 Tese de Máster e 23 TFG).

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.