Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Iván Couceiro Aguiar

Son Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Doutor en Enxeñaría Civil pola Universidade da Coruña, con máis de 10 anos de experiencia como investigador e profesor no ámbito da Mecánica Computacional aplicada ao desenvolvemento de métodos e á resolución de problemas en enxeñaría. A miña actividade investigadora céntrase principalmente no desenvolvemento e aplicación de métodos numéricos para a optimización de estruturas, cun enfoque particular en estruturas de aceiro offshore, temática na que realicei a miña tese doutoral, premiada a nivel nacional pola ANCI. Tamén realicei achegas significativas en Dinámica de Fluídos Computacional. Son autor de 18 artigos JCR (14 deles Q1). Ademais, son investigador principal dun proxecto de investigación estatal e participei como investigador noutros 13 proxectos.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.