Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Félix Sánchez-Tembleque Díaz-Pache

A miña formación académica é de Enxeñeiro Industrial (especialidade Construción Industrial, U. da Coruña 1999), Máster en Enxeñería da Auga (U. da Coruña 2008) e Doutoramento en Enxeñería Civil (U. da Coruña 2014).

Traballo como Técnico Superior de Sistemas Mecánicos (PTXAS grupo A1) no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) U. da Coruña (2001-presente).

O meu traballo no CITEEC céntrase no mantemento de infraestrutura e instrumentación científica e na colaboración cos investigadores do centro no deseño de experimentos, campañas de instrumentación e adquisición de datos, tratamento e comunicación de datos experimentais. Tamén son responsable de calidade e ligazón co servizo de PRL.

Durante 15 anos fun Profesor Asociado na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos (2007-2022) con docencia nas áreas de Electrotecnia e Hidráulica.

Participei en máis de 20 proxectos financiados en convocatorias públicas e máis de 30 contratos de I+D de especial relevancia, 4 deles internacionais, principalmente como membro do GEAMA. Son coautor de 8 publicacións indexadas no JCR (4 en Q1, 2 en D1).

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.