Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Esteban Sañudo Costoya

Doutor en Enxeñería Civil e investigador postdoutoral especializado na simulación de inundacións urbanas mediante modelos duais de alta resolución. A miña liña de investigación céntrase na hidráulica computacional, integrando coñecementos de enxeñería hidráulica, métodos numéricos avanzados e técnicas computacionais. Neste contexto, traballo no desenvolvemento, calibración e aplicación de modelos numéricos enfocados na hidroloxía urbana e rural, así como en procesos de hidráulica fluvial.

A miña traxectoria está estreitamente vinculada o desenvolvemento do modelo Iber (www.iberaula.es), unha ferramenta numérica de uso libre amplamente empregada en estudos de risco de inundación. Durante a miña tese doutoral, desenvolvín un modelo de drenaxe dual que axusta Iber e SWMM, permitindo simulacións detalladas e precisas en contornas urbanas sendo adoptado actualmente como modelo de cálculo en diversos contextos académicos e profesionais.

Participei en proxectos de investigación nacionais e internacionais, liderado publicacións científicas e promovido a transferencia de coñecemento mediante colaboracións con entidades públicas e privadas. Ademais, estou involucrado en actividades de divulgación científica, formación técnica e organización de eventos académicos, e desenvolvín labores docentes no ámbito da física aplicada.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.