Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Emma Velo Castro

Interésame a comunicación e a súa aplicación aos novos medios. Mantéñome actualizada en estratexias, técnicas e formas de mercadotecnia, publicidade e comunicación. A nivel académico, céntrome no comportamento social e a súa relación coa contorna desde o punto de vista da sustentabilidade e a comunicación. Estudei Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela e un máster en Marketing na Universidade Camilo José Cela. Son doutoranda no Programa de Psicoloxía do Desenvolvemento, Aprendizaxe e Saúde da Facultade de Educación da Universidade da Coruña, e colaboro co Grupo Persoa-Ambiente.

Conto con varias publicacións sobre xustiza social e comunicación relacionadas coa miña investigación. Teño experiencia como profesora titular no Centro de Estudos Superiores de Galicia (CESUGA) no Departamento de Publicidade e Relacións Públicas, impartindo as materias de Habilidades Comunicativas, Teoría da Comunicación, Deontoloxía da Comunicación, Redacción Comunicativa e Publicidade Audiovisual.

Actualmente, traballo como experta en comunicación e mercadotecnia en Ecos do Sur, onde coordino un Proxecto Erasmus+ KA2 e colaboro en varios proxectos rexionais e nacionais sobre narrativa e cambio social.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.