Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Emilio Martín Gutiérrez

Dr. Arquitecto (especialidades de Edificación e Urbanismo), Segundo Premio Nacional de Terminación de Estudos.

Doutoramento en Arquitectura, con Premio Extraordinario de Doutoramento.

Profesor Titular de Universidade, con ampla experiencia docente en materias de grao, posgrao, máster e doutoramento, así como en xornadas e seminarios en empresas e colexios profesionais. A súa actividade docente vincúlase fundamentalmente cos ámbitos de resistencia de materiais, proxecto de estruturas de edificación, e modelos de análise numérica aplicadas á rehabilitación arquitectónica.

Coordinador do Grupo de Innovación Docente sobre Deseño de Estruturas Arquitectónicas – UDC.

3 convocatorias Docentia con desempeño excelente.

3 sexenios de investigación.

Membro do equipo investigador en 11 proxectos competitivos, e coautor dun amplo número de libros, artigos con indexación JCR, relatorios en congresos de ámbitos nacional e internacional, e patentes e modelos de utilidade relacionados co deseño de estruturas singulares. Os seus principais intereses e achegas están relacionados coas estruturas despregables e cos sistemas estruturais compostos en arquitectura, tratando de axuntar prestacións resistentes con criterios de carácter medioambiental.

Igualmente ocupou diversos cargos de xestión na Escola Técnica Superior de Arquitectura. Actualmente é vogal académico na Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA).

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.