Daniel Eiroa Martínez
Finalizado o Grao en Enxeñería Mecánica, cursou o Máster en Enxeñería Industrial na Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (UDC). Grazas ao financiamento concedido baixo o programa Axuda de apoio á etapa predoctoral da Xunta de Galicia (2025) desenvolve actualmente a súa tese doutoral no Grupo de Mecánica Estrutural (GME) da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos (ETSI). A súa investigación enmárcase no proxecto AEROSAFE, centrado na optimización estrutural para deseñar aeroestructuras seguras, eficientes e tolerantes a danos baixo cargas extremas tanto en réxime subsónico e supersónico.
O principal obxectivo do seu traballo é o deseño óptimo de estruturas multicelulares integrais que melloren a eficiencia e reduzan o impacto ambiental durante o ciclo de vida da aeronave. Para iso, aborda o deseño óptimo de sistemas de almacenamento de combustible criogénico (hidróxeno líquido, LH2) e do sistema de rigidización ante posibles danos estruturais. A investigación relacionada contribúe á xeración de coñecemento de aeroestructuras innovadoras que enfrontan os retos globais en termos de redución de peso, consumo e emisións, apoiando un avance tecnolóxico de vangarda no sector aeroespacial.