Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Antonio José Álvarez Naveira

O meu principal campo de investigación é en Enxeñería do Vento, estudando a resposta aeroelástica de taboleiros de ponte multicaixón, principalmente fronte a vibracións inducidas por bulebules. O meu doutoramento foi financiado a través dunha bolsa FPI (BIA2013-41965), o que me permitiu realizar unha estancia de investigación (bolsa EEBB-I-17-11905) de 4 meses na Universtity of Nottingham (UK). Tras finalizar o doutoramento obtiven unha bolsa postdoutoral da Xunta de Galicia asociada a unha bolsa Fulbright (EEBB-I-17-11905), coa que realicei unha estancia de 2 anos no Massachusetts Institute of Technlology (USA) no que comecei a investigar sobre turbinas eólicas e aplicación de aprendizaxe automática.

Ao longo da miña carreira investigadora participei en distintos proxectos de investigación, o que me permitiu colaborar con distintos investigadores internacionais e levar a cabo campañas de túnel de vento no WindEEE (Western University, London, Canada), o túnel de vento Giovanni Solari (University of Genoa, Italia), e no túnel de vento climático do Centre Scientifique et Technique du Bâtiment (Nantes, Francia), alén dos levados a cabo nas instalacións do CITEEC.

Recentemente o meu campo de investigación está a estenderse á estimación de velocidades de vento a través de imaxes de satélite para locaciones offshore, realizando unha estancia no Laboratório Nacional de Energia e Geologia (Lisboa, Portugal) para formarme na devandita materia.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.