Tel: 881 01 1428 / 5415
Correo electrónico: andrea.munoz@udc.es
Andrea Muñoz Ibáñez
Manuel Regueiro-Picallo traballa no Grupo de Enxeñería da auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña. Investiga no campo da enxeñería hidráulica e ambiental. A súa principal liña de traballo céntrase no desenvolvemento de ferramentas para o control de sedimentos e sólidos en suspensión en sistemas de drenaxe urbana e rede de sumidoiros.
Realizou estancias predoutorais no National Oceanography Centre (Reino Unido, 2018) e en Colorado School of Mines (EEUU, 2019), e traballou como investigadora posdoutoral na Universidade de Vigo (2022), en KAUST (Arabia Saudita, 2022-2023) e en Georgia Institute of Technology (EEUU, 2023-2025).
Foi beneficiaria de axudas competitivas, entre elas as asociadas ao programa prodoutoral da Xunta de Galicia e ao posdoctoral Margarita Salas do Ministerio de Universidades. Recibiu distintos recoñecementos, como o Premio Extraordinario de Doutoramento, o premio á mellor comunicación na 4ª (Trondheim, 2017) e 5ª (Hong Kong, 2019) edicións do International Workshop on Rock Physics, así como no Annual Geotechnical Poster Symposium (Georgia Tech, 2024). Foi coorganizadora do 6th International Workshop on Rock Physics, celebrado na Coruña en 2022, e desde ese mesmo ano é editora asociada da revista Geophysics.