Tel: 881 01 1450
Correo electrónico: alfonso.orro@udc.es
Alfonso Orro Arcay
Alfonso Orro Arcay é Doutor Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Na actualidade é Profesor Titular de Enxeñería e Infraestrutura do Transporte na Universidade da Coruña e codirector do Laboratorio de Mobilidade Sostible da Coruña (SusMobLab). É codirector do Máster en Loxística e Transporte desde 2014 participando na redacción do seu plan docente e implantación. Tras unha etapa como consultor en planificación do transporte, desde 1997 dedícase á docencia e investigación no ámbito da planificación do transporte, a loxística, a enxeñería do transporte e os ferrocarrís na Escola de Enxeñería de Camiños da Coruña, da que foi Subdirector Xefe de Estudos (2001 – 2004). Mantén unha participación regular en proxectos e contratos de investigación, así como congresos internacionais e nacionais do ámbito. Publicou libros, capítulos de libro e artigos en revistas internacionais. Colaborou coa División de Coordinación, Avaliación e Seguimento Científico e Técnico da Axencia Estatal de Investigación como coordinador da subárea de Transporte (2018 – 2022).