Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

María Estela del Castillo Busto

Doutora en Química pola Universidade da Coruña, é membro do Grupo de Investigación de Química Analítica Aplicada (QANAP), considerado como grupo de excelencia consolidado dentro do sistema universitario galego desde a súa creación en 2006, e está contratada pola Universidade da Coruña como Investigadora Asociada desde 2016. Desde xuño de 2025 é membro da agrupación CITEEC. Participou en máis de 15 proxectos de investigación nacionais e internacionais e en 10 relacionados con contratos de I+D+I con empresas e administración. A súa liña de investigación céntrase no desenvolvemento de novas estratexias analíticas, rápidas, sensibles, selectivas e sostibles desde o punto de vista ambiental para a determinación de substancias químicas nos ámbitos industrial, ambiental e agroalimentario. Inclúe a avaliación de contaminantes prioritarios, persistentes e emerxentes, así como produtos de degradación (hidrocarburos, pesticidas, produtos de coidado persoal, plastificantes e compostos organometálicos, disruptores endócrinos, etc.) e micro e nanoplásticos, con especialización en calidade do aire, calidade da auga, medio mariño (auga, sedimentos, biota), solos e alimentos. Os resultados desta investigación reflíctense na publicación de máis de 30 artigos en revistas científicas internacionais con elevado índice de impacto.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.