Luis Alejandro Blanco Calvo
Alejandro Blanco é zoólogo e paleontólogo de vertebrados, especializado no estudo taxonómico e filoxenético de crocodilos, réptiles, anfibios e peixes extintos. A súa tese doutoral (2017, Universitat Autònoma de Barcelona), centrada na análise da diversidade de microfósiles de vertebrados da Formación Tremp (Maastrichtiense, Cretácico), achegou novos datos sobre a evolución dos ecosistemas terrestres do final do Mesozoico no nordés da Península Ibérica. Describiu varias especies novas de crocodilos e unha de raia. É autor de máis dunha vintena de artigos en revistas científicas de alto prestixio internacional.
Obtivo distintos contratos de investigación da Xunta de Galicia e nacionais (JdlC, RyC), e conta cunha sólida experiencia internacional. Traballou con coleccións zoolóxicas e paleontolóxicas reputadas, como o Queensland Museum (Brisbane, Australia) ou o Natural History Museum (Londres, UK), entre outras, co fin de obter datos para as súas investigacións.
Actualmente, a súa liña de estudo céntrase na análise da morfoloxía do esqueleto de crocodilos, actuais e extintos, mediante o uso de técnicas de dixitalización, biomecánica e morfometría xeométrica. Para iso, emprega ferramentas de vangarda que permiten obter reconstrucións virtuais dos restos fósiis e actuais para estudos computacionais.