Tel: (+34) 881 01 1415
Correo electrónico: guillermo.lorenzo@udc.es
Guillermo Lorenzo Gómez
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña (UDC), onde obtivo tamén un máster en Investigación en Enxeñería Civil (2014) e un doutoramento en Métodos Computacionais en Enxeñería (2018). Desenvolveu a súa carreira na Universidade de Pavia (Italia), a Universidade de Texas en Austin (EEUU) e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Desde 2024 é investigador Ramón e Cajal no Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñería do Departamento de Matemáticas da UDC, onde lidera un equipo en oncoloxía computacional. Ademais, é investigador afiliado no Oden Institute for Computational Engineering and Sciences (UT Austin, EEUU), onde colabora cos profesores Thomas E. Yankeelov e Thomas J. R. Hughes.su traballo sitúase no campo da oncoloxía computacional e busca entender como os tumores crecen e responden os tratamentos. Para iso o Dr. Lorenzo desenvolve modelos matemáticos que representan os mecanismos biolóxicos do cancro e métodos computacionais que, informados con datos clínicos de cada paciente, permiten obter predicións personalizadas da dinámica de crecemento e resposta terápeutica do tumor que poden empregarse para a toma de decisións médicas. Máis recentemente, o seu traballo de investigación incorporou enfoques que combinan modelos mecanicistas con intelixencia artificial, con aplicacións como o deseño de biomarcadores, a clasificación de riscos ou o desenvolvemento de métodos de predición máis rápidos. Aínda que a súa investigación se ha centrado sobre todo no cancro de próstata, tamén traballou en cancro de mama e en gliomas de alto grao.