Close icon
Seleccionar idioma
Grid Grid

Francisco Alberto Varela García

Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos (2001), Máster en SIG (2004) e Doutor en Enxeñería Civil (2013), galardoado co Premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC e o Premio Cátedra UPM-Clarke, Modet&Cº de Propiedade Industrial e Intelectual pola súa capacidade de transferencia de coñecemento ao sector privado. Integrado no Grupo VAC-UDC, onde impulsou o cartoLAB, laboratorio referente en investigación e transferencia tecnolóxica en sistemas de información xeográfica. Participou en preto de medio centenar de proxectos competitivos e máis dun centenar de colaboracións con multitude de entidades, destacando en ámbitos como a mobilidade, a accesibilidade e a integración de infraestruturas na paisaxe.

Autor dunha trintena de publicacións, libros e capítulos, contribuíu tamén a plans e estratexias territoriais principalmente en Galicia. O seu traballo combina innovación (patentes, software libre, modelo de utilidade VERTINA) con proxectos de transferencia como ICARTO e EMAPIC. Dirixiu varias teses doutorais e ten experiencia en coordinar proxectos con financiamento europeo sobre infraestrutura verde. Colaborador e promotor de decenas de proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e implicado na xestión académica en diferentes órganos universitarios.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.