Andrés Figuero Pérez
Desde 2013 desenvolve o seu labor investigador no CITEEC dentro dos laboratorios da dársena multidireccional e a canle de ondada, ademais, forma parte do Grupo de Enxeñería da auga e do Medio Ambiente (GEAMA). A súa principal liña de investigación céntrase na operatividade portuaria, con especial atención á monitorización in situ do comportamento de buques atracados e dos eventos de pase, así como dos factores océano-meteorolóxicos que os provocan, como ondada, correntes ou vento. Neste ámbito deseñou dispositivos IoT de baixo custo para a recollida de datos e o desenvolvemento de modelos preditivos baseados en Intelixencia artificial, aplicados como sistemas de alerta temperá en portos. O seu traballo combina innovación tecnolóxica e colaboración multidisciplinar con grupos de investigación, entidades públicas e privadas, en proxectos de modelado físico a escala reducida e optimización de infraestruturas portuarias. Participou en máis de 10 proxectos competitivos e 36 convenios de I+D+i, sendo investigador principal en 19 deles, con impacto nacional e internacional. Ten 24 documentos científicos indexados en SCOPUS e un índice h de 7. Desde 2021 compaxina a investigación coa docencia en hidráulica e a dirección de teses doutorais. O seu obxectivo é impulsar a investigación aplicada, promover a sustentabilidade e mellorar a eficiencia das infraestruturas portuarias mediante a colaboración coa academia, a industria e as administracións.