Close icon
Seleccionar idioma
Imagen de fondo Imagen de fondo

Construción e desenvolvemento industrial limpos

Reducir o consumo de recursos naturais nos sectores industrial e da construción é clave para avanzar cara á sustentabilidade e combater o cambio climático.

Home icon Home > Construción e desenvolvemento industrial limpos
ÁREA DE Construción e desenvolvemento industrial limpos

Transición ecolóxica en construción

Segundo o Pacto Verde Europeo, só o 12% dos materiais empregados na construción e na edificación proceden do reciclado, o que obriga a repensar o modelo de uso de recursos enerxéticos, priorizando a eficiencia dos procesos e comprometéndose con fontes de enerxía renovable de baixo impacto climático.

Neste contexto, CITEEC conta con persoal especialista e instalacións de vangarda para desenvolver solucións que minimicen as emisións de contaminantes mediante a reutilización de materiais e a utilización de subprodutos ou coprodutos doutros sectores. O obxectivo é acadar un desenvolvemento económico compatible cunha transición ecolóxica socialmente xusta e ambientalmente sostible.

video

Segundo o Pacto Verde Europeo, só o 12% dos materiais empregados na construción e na edificación proceden do reciclado, o que obriga a repensar o modelo de uso de recursos enerxéticos, priorizando a eficiencia dos procesos e comprometéndose con fontes de enerxía renovable de baixo impacto climático.

Neste contexto, CITEEC conta con persoal especialista e instalacións de vangarda para desenvolver solucións que minimicen as emisións de contaminantes mediante a reutilización de materiais e a utilización de subprodutos ou coprodutos doutros sectores. O obxectivo é acadar un desenvolvemento económico compatible cunha transición ecolóxica socialmente xusta e ambientalmente sostible.

Icon
Prioridades científicas
P1.1 Desenvolvemento e aplicación de novos materiais de construción e mellora do seu rendemento
Plus icon Minus icon
slide
  • L1.1.1 Materiais de construción ecolóxicos e novos materiais con baixo impacto ambiental
  • L1.1.2 Edificación pasiva e bioclimática baseado en solucións construtivas adaptadas ao clima atlántico e a materiais locais
  • L1.1.3 Adaptar a infraestrutura para facela resiliente ao cambio climático
  • L1.2.1 Reutilización de diversos tipos de residuos e subprodutos en proxectos de infraestruturas lineais
  • L1.2.2 Bio-asfaltos
  • L1.2.3 Uso de nanomateriais en mesturas bituminosas
  • L1.2.4 Simulación e cálculo racional de pavimentos viarios para analizar a súa durabilidade e prolongar a súa vida útil.

L1.3.1 Edificación sostible empregando criterios de eficiencia enerxética para reducir as emisións e a pegada ecolóxica

L1.3.2 Simulación do ciclo de vida da construción e monitorización do medio natural, do patrimonio construído e dos procesos industriais

L1.3.3 Tecnoloxías de construción, fiabilidade e deseño óptimo

L1.4.1 Deseño de losas de chan de alto rendemento mediante sistemas compostos que combinan madeira e formigón

L1.4.2 Deseño de estruturas modulares e/ou despregables para solucións de vivenda de emerxencia

L1.4.3 Arqueoloxía virtual (técnicas interactivas para a representación do patrimonio)

L1.5.1 Enxeñaría de pontes de grandes luces

L1.5.2 Enxeñaría de materiais e enxeñaría estrutural para a aeronáutica

L1.5.3 Aeroelasticidade, enxeñaría do vento, estruturas de soporte para a xeración de enerxía eólica e transmisión de electricidade

L1.5.4 Análise experimental e computacional de estruturas

L1.5.5 Seguridade estrutural

L1.5.6 Optimización e fiabilidade de estruturas

L1.5.7 Enxeñaría sísmica

Ver más
slide
Grid Grid
Resultados

Resultados esperables

check icon

Integración de Industria 4.0

Planificación máis eficiente e dixitalizada, incorporando automatización, simulación e análise de datos en tempo real.

check icon

Diminución de emisións

O uso de tecnoloxías avanzadas para optimizar recursos e procesos, reducindo así significativamente o impacto ambiental das obras de construción.

check icon

Capacidade Técnica e Científica

Acceso ás instalacións de última xeración de CITEEC e a un equipo con experiencia en proxectos de investigación aplicada a niveis rexional, nacional e internacional.

check icon

Transferencia e Aplicación Real

Experiencia demostrada en consultoría de I+D+i e no traballo con empresas para levar a innovación do laboratorio ao terreo.

check icon

Construción sostible

Promovemos unha construción máis eficiente, sostible e acorde cos desafíos globais.

check icon

Proxección Internacional

A combinación de recursos, experiencia e un enfoque interdisciplinar sitúa esta área como un centro de innovación con un potencial global significativo.

CITEEC
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil
Location
Campus de Elviña S/N - 15008 - A Coruña
citeec@udc.es Arrow icon
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.